Skip to Content

blogue deprofesorado

Familias Contadoras.

Seguimos coas colaboracións das mamás na Biblioteca Escolar, e esta vez tocoulle o turno a Bárbara, a mamá de Ainhoa de 1º e de Gema de EI 3 anos. Contoulles dúas historias estupendas: "No hace falta la voz" de Armando Quintero e "Distinta" de Sozapato. Animámosvos a coñecer estes libros, paga a pena. Moitas gracias, Bárbara por compartir con nós este tempo lector. Ata a próxima!

CLUB DE CIENCIA. PARTE II

Continuando co noso club de ciencia, ao longo do 2º trimestre, os alumnos/as de 5º aproveitando os contidos curriculares decidimos facer experiencias prácticas sobre estes:

  • Creamos o noso Xardín botánico.

 

  • Construimos os nosos robots debuxantes traballando circuitos. 

 

  • Experimentamos con diferentes mesturas:

            Cores primarias e o sal

        Leite, colorante e fairi para experimentar a tensión superficial

 
       Skittles e auga quente, creando un fermoso arco da vella.
 
 
 A auga, a glicerina e o deterxente creando fermosas pompas de xabón. 
 
Que ben o pasamos!!!

Visita de Miguel!!

Antes das vacacións de Semana Santa, tivemos a grata visita do noso compañeiro Miguel que agora disque que anda por Terras Suizas.

Puidemos desfrutar das súas historias, vivenzas e coñecer algunha palabriña en alemán.

Ata a próxima Miguel!!!

Vivenciando aprendizaxes

Seguimos traballando os contidos curriculares a través de tarefas e retos divertidos.

En Mates:

  • Carreiras de avións de papel, no que empregamos como instrumento de medida o metro, calculando así a traxectoria de cada avión.

  • Mural, Canto mides?

  • Operacións explosivas para reforzar o cálculo.

  • Versión do precio xusto da televisión para que aprendan a estimar prezos e calcular a diferenza.

En lengua:

  • Discriminación das distintas categorías gramaticais a través da ficha máquina de chicles.

  • Traballo das partes dun xornal nos equipos cooperativos (Portada, contraportada, seccións, tipos de xornais..) e transformación das historias dos contos clásicos en noticias.

 

O Salón do Libro

Durante o 2º trimestre pescudamos información sobre a temática "do mar". O noso traballo para o salón do libro consistiu en: 

Por un lado, nun libriño de bandeiras náuticas, no que xogamos co código morse e o de bandeiras.

E por outra banda, traballamos a evolucion do comercio  pasando polo comercio trasatlántico vinculando así este traballo co proxecto eduemprende e o porxecto do centro "o Mar".

Deixámosvos unha mostra deles: 

 

Madriñas e Padriños Lectores

Pechamos o "Abril dos Libros" o día 30 compartindo lecturas entre os maiores e os pequechos do cole. Aproveitamos o bo tempo para saír ao patio e os padriños e madriñas, con moitas ganas de ler, buscaron un recuncho acolledor para que as historias conquistaran aos seus afillados. Coma sempre, desfrutamos un montón con esta actividade!

Saída ao museo

Ola, os de Primeiro queremos contarvos que, como o venres pasado fomos de visita ao museo de Pontevedra, pensamos que é unha boa idea compartir con todos vos unhas fotos que a profe nos quitou mentres escoitabamos con moita atención as explicacións do noso guía.

Esperamos que vos gusten.

Cristina Fernández, fareira de Vilán.

Para rematar co proxecto dos faros que traballamos durante o curso, na clase de inglés de 6º investigamos sobre a fareira de Cabo Vilán, Cristina Fernández.

Foi unha das primeiras mulleres que traballaron nun faro en España e unha das últimas que todavía traballa e segue vivindo nel. Se facedes a Ruta dos Faros podedes ver o faro (uns dos máis espectaculares de Galicia!) e falar con Cristina que vos pode contar anécdotas super interesantes.

 

 

ACTIVIDADES PARA CONMEMORAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano o autor conmemorado das Letras Galegas é o pontevedrés Antón Fraguas.

Para coñecer un pouco máis a súa vida e obra  podedes facer unha serie de actividades online e fichas ás que accederedes premendo na imaxe do autor homenaxeado.

 

Saímos na Voz de Galicia!!!

Hoxe, día 3 de maio, os nenos de 5º e 6º  saímos no xornal por mor da cooperativa EVEX.  Nesta reportaxe explican un pouquiño os produtos que elaboramos e como nos organizamos. 

Deixámosvos o enlace do xornal e unha fotiño da reportaxe. 

Estamos moi orgullos@s do noso proxecto!!

Preme aquí: 

Voz de GaliciaAlumnos pero tamén cooperativistas

Distribuir contido


by Dr. Radut