Skip to Content

blogue deprofesorado

XOGOS DE MESA NO RECREO E O BOP IT!

Cando as condicións meteorolóxicas nos impide xogar no patio, na aula de 5º temos xogos de mesa variados entre eles (o xadrez, xogo de balocensto coa man, bolos, puzles, dominó, damas, twister,  debuxo no EDI co programa autodraw ...

FOTOMATÓN POLO SAMAÍN

Polo Samaín as distintas clases decoramos as portas das aulas, redactamos relatos de medo como vistes en publicacións anteriores e os nenos e nenas de 5º creamos un fotomatón para conmemorar o día. 

A ver que vos parece como quedou...

LER PARA OS DEMAIS

Durante todo o curso no tempo de ler, imos practicar a lectura cara os demais a través de lecturas compartidas, contacontos e lecturas ao aire libre.

Aquí tendes algunhas fotos do comezo do curso. A ver se o tempo nos deixa repetir!!

Ler para os demais

Durante todo o curso no tempo de ler, imos practicar a lectura cara os demais a través de lecturas compartidas, contacontos e lecturas o aire libre.

Aquí tendes algunhas fotos do comezo do curso. A ver se o tempos nos deixa repetir!!

8 de marzo.

Mañán é un día grande. Larapeto e Ravachol xuntos pola igualdade!

 

Orbil visitou o cole!

Sabedes quen estivo na Biblio o 26 de febreiro? Orbil, a mascota do Salón do Libro. Veunos dar un abrazote lector e a animarnos co proxecto que estamos facendo para levar ao Salón en marzo. Risa Foi estupendo!  Mirade, mirade!

ADIVIÑACHES? POIS CLARO...O PELIQUEIRO DE LAZA.

Noraboa!!!Risa   E para saber máis...

 

 

 

 

 

 

 

QUEN SERÁ? BUSCAMOS O PERSONAXE DO ENTROIDO.

Sabes que é unha pelica? E as chocas? E para que serve a zamarra? Para averiguar todo isto e máis lanzamos 4 pistas ao longo da semana anterior ao carnaval...e o máis importante, adiviñar que personaxe do Entroido tradicional galego se agochaba detrás do xogo. Indeciso Xogas con nós?

 

MERCADO EVEX ENTROIDO

Coincidindo co Entroido no colexio, o venres 1 de marzo realizamos un mercado da cooperativa EVEX. Foi na biblioteca do centro, despois da degustación dos deliciosos doces que aportaron as familias. Alí colocamos os postos e vendemos os nosos produtos (pulseiras, cestos, imáns, marcapáxinas, xabóns...). 

Participaron as familias, o alumnado e os mestres e mestras. As vendas animáronnos a seguir coa fabricación artesá dos nosos produtos.

Moitas grazas a tod@s pola vosa colaboración. Vémonos na próxima!! ESPERÁMOSVOS!!!

 

 

XA TEMOS O CIF!!!

O día 26 de febreiro, os alumnos de 5º e 6º acudimos á Deputación de Pontevedra para recoller o CIF da nosa cooperativa EVEX.

Alí expuxemos ante o público presente o noso proxecto de cooperativa. Despois ensináronnos o salón de plenos e puidemos sentarnos arredor da enorme mesa de reunións.

Por fin, temos o CIF da nosa cooperativa. Estamos moi contentos!!

Distribuir contido


by Dr. Radut