Skip to Content

blogue deprofesorado

XOGOS TRADICIONAIS EN FAMILIA

O martes 21 de maio, no cole innaguramos a semana con xogos tradicionais nunha xornada de portas abertas pola tarde, onde as familias, puideron desfrutar destes xogos cos seus nenos e tamén cos mestres.

Foi unha experiencia moi positiva tanto o día que xogamos en familia como o resto da semana que tivemos xogos durante o recreo e nas clases de E.F.

Grazas ao  Concello do Grove por emprestarnos estes xogos dos que tanto aprendemos.

 



Familias contadoras

Seguindo cos pais e nais contadores de historias, tivemos a visita de David, o pai de Valeria de 5º de E.I., quen nos contou a historia da "Ratiña Presumida", un clásico que os mantivo atentos de principio a fin!

Non tedes máis que ver as súas cariñas nas fotos!

Moitas grazas, David! Esperamos verte pronto!

 

Familias contadoras

Seguimos recibindo a visita de novas familias contadoras! Nesta ocasión acompañounos Felisa, a nai de Andrea de 4º de E.I.

Escoitamos con moita atención a historia de "Rosa Caramelo" de Adela Turín, que nos fala de igualdade e de valentía. Moitas grazas por esta fermosa mensaxe! Esperamos que volvas pronto!

 

VISITA DA INSPECTORA DE SEGURIDADE MARÍTIMA DA CAPITANÍA DE VILAGARCÍA

O mércores 22 de maio, tivemos a gran sorte de contar os nenos/as de 5ºA e 6º coa presenza de Eva Casal Ruibal, inspectora de seguridade marítima da capitanía de Vilagarcia. 

Esta veciña de Xeve falounos da súa nenez, da súa interesante traxectoria académica e profesional.

Ademais fíxonos ver como calquera pode acadar os seus soños cando se esforza realmente por conseguilo.

Moitas grazas Eva por compartir con nós a túa experiencia.

 

 

DEPOEMPRENDE "MERCADO VIGO"

O martes 21 de maio celebrouse en Vigo a clausura do Proxecto DEPOEMPRENDE, no que os alumnos/as de 5º e 6º participamos coa nosa cooperativa EVEX. Alí acudimos xunto cos outros colexios participantes no proxecto. Montamos o posto na rúa Príncipe e vendemos os produtos que nós mesmos elaboramos ao longo do curso. Representantes da Deputación de pontevedra entregáronnos un diploma acreditativo en recoñecemento do noso esforzo. Foi un traballo duro, pero moi gratificante.

Xa podemos decir que somos EMPRENDEDORES!!!

 



Preme aquí  se queres ver a noticia na páxina da deputación e algunhas fotos máis do acto.
 

Correlingua 2019

O 16 de maio, víspera da conmemoración das Letras Galegas, os nenos e nenas de 3º participamos xunto a outros centros da comarca no Correlingua celebrado na cidade de Pontevedra.

 

SAÍDA A SILLEDA

O pasado 15 de maio, o alumnado de 6º de E. Primaria realizamos unha saída ata Silleda para participar, xunto con outros coles, nuns xogos tradicionais. Xogamos aos bolos celtas, á billarda e á chave e quedamos en moi boa posición, na chave participamos na final. Desfrutamos moito e pasamos unha xornada moi agradable.

Aquí vos deixamos unhas instantáneas dese día.



Obradoiro "Xoguetoloxía"

O pasado luns, 13 de maio, os nenos e nenas de 3º participamos nun obradoiro moi divertido que levaba por título "Xoguetoloxía". Chus e Rocío mostráronnos que para divertirnos non necesitamos ter nada nas mans e que para montar unha auténtica verbena só precisamos xente e ganas de cantar, bailar e pasalo ben.

 

 

Estefanía comenta a visita ao noso cole!

   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Estefanía publicou nas redes sociais a visita ao cole. Xa vos dixemos que quedara encantada! Noraboa ao pequechos de EI e a rapazada de 1º e 2º polo ben que traballastes!Risa

Visita de Estefanía Padullés.

Despois de esperala con tanta ilusión, o mércores 15 de abril chegou Estefanía Padullés, a ilustradora dos libros "A canción do Sol" e "Max e Lea". A rapazada de EI e máis a de 1º e 2º leron atentamente os libros e fixeron nas súas clases uns traballos marabillosos: debuxos, murais, collages, marcapáxinas, ilustracións 3D, aprenderon sobre os dinosaurios, ... Estefanía quedou encantada co que atopou no cole!

Tamén prepararon preguntas para facerlle despois de que ela nos contara as súas historias e debuxara para nós. Foi unha visita estupenda e agradecemos moito que viñera compartir cos seus lectores un tempo moi especial... E que firmara todos os nosos libros con cadanseu debuxo!!

Bravo por Estefanía!

    

 

Distribuir contido


by Dr. Radut