Skip to Content

blogue deAdmin2

Taller práctico de hixiene postural!

O día 3 de abril recibimos a visita dun fisioterapeuta do SERGAS para continuar a nosa formación en hixiene postural. No taller, aprendemos a reducir o peso da nosa mochila, a colocala correctamente e a sentarnos de forma axeitada. Os coñecementos adquiridos servirannos para ter un futuro máis saudable!

 

Bon Appetit!

O día 27 de marzo, os alumnos de 3º e 4º foron a  AFundación (Pontevedra) para ver unha comedia en clave de humor  protagonizada por tres chefs moi simpáticos: Antuá de la Sardiní, Philip de Toucignon e Fransuá da Berenxem que mostraron aos escolares os segredos da cociña galega, dende a inspiración da obra  na que Álvaro Cunqueiro fala da cociña galega, das materias primas que a nutren e do receitario empregado naqueles anos.

 

Ponlle as pilas ao teu bocata!

O día 26 de marzo viñeron ao cole os representantes do programa educativo "Ponlle as pilas ao teu bocata" para contarnos dun xeito lúdico todos os nutrientes que conteñen os produtos do mar. Para isto, empregaron gafas 3D coas que o alumnado puido ver en realidade aumentada o fondo dunha batea e o proceso de recollida destes produtos. A continuación, os nenos e nenas puideron facer uns riquísimos bocatas ao gusto de cada un.  Todos os ingredientes aportaron  omega 3, vitamina B12...é dicir, grande enerxía. 

 

Que ricos, ricos debían estar eses bocatas atendendo ás caras dos comensais!!!



Revitalizate!

Ao longo do mes de marzo acudiron ao colexio uns representantes de Revitaliza para darnos uns talleres sobre a fauna existente dentro dos composteiros. En diferentes días, todos os cursos participamos (Educación Infantil e  Primaria). O obxectivo era atopar as distintas especies que habitan debaixo da terra que previamente recollemos do noso composteiro e colocamos nunhas cubetas.Os alumnos utilizaron uns palillos alongados , unha lupa de grande aumento e tamén un microscopio onde puideron  velos con detalle e buscalos tamén no cartel co seu nome científico. Foi unha actividade moi interesante na que aprendemos que cada “bichiño” ten un labor moi importante para a vida no planeta.


Bichos

Joaquina García García

Ola familias! Para conmemorar o Día da Muller Traballadora cada curso preparou unha muller vinculada co mar como xa vos comentamos. Pois nos,  os nenos de 5 anos de Educación Infantil escollemos a Joaquina García García, a cal nos pareceu unha muller fantástica porque ela foi quen inventou o primeiro traxe de augas para que seu pai non chegará a casa sempre mollado.

Se non sodes capaz de entender algo, non dubidedes en preguntarnos, xa que somos todos uns expertos sobre a súa biografía.

Vinte anos de Revolución!

Esta ano o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra cumple vinte anos. Celebrarase do 22 de marzo ao 12 de abril no Pazo da Cultura e estará dedicado a revolución. Aquí vos deixamos o link do programa. No dubidedes en asistir e ver os nosos traballiños!!!!

   

Mario pensaba que o galego non servía para nada. El sabía inglés, francés, chinés...

O 21 de marzo, o alumnado de 4º da Educación Primaria, recibimos a visita dun contacontos que nos contou a historia de Mario mentres un ilustrador realizaba un mural vinculado co conto. Tras isto, realizouse unha rolda de prensa guiada polos autores, na que os rapaces interactuaron co conto e co debuxo. E para rematar, levouse a cabo un obradoiro de ilustración, no cal todos xuntos debuxaron cadanseu retrato de Mario, o protagonista deste gran conto.

Parabéns Paula!

Hoxe temos que dar os nosos parabéns a nosa alumna Paula de 2º da Educación de Primaria xa que foi a gañadora do concurso "O traballo dos bombeiros". Pronto gozaremos do agasallo asistindo a súa base en Pontevedra!

Gañando en saúde!

O día 18 de abril, un fisioterapeuta do SERGAS asistiu as aulas de 4º e 5º de Educación Primaria para  axudar a previr dores de costas no alumnado. A través desta visita pretendese inculcar nos nenos bos hábitos posturais co fin de evitar problemas de saúde máis graves no futuro.

Este fisioterapeuta dounos moitos consellos para gañar en saúde (colocación na cadeira, diminución da carga da mochila, posición para durmir...).

Esperamos o seu regreso!

8 de marzo. Mulleres de Sal.

O venres 8 de marzo para conmemorar o "Día da Muller Traballadora" investigamos en cada aula sobre diversas personalidades feministas de grande importancia ao longo da historia e hoxe en día. Ete ano os traballos foron dedicados a "Mulleres de Sal" (relacionadas ao mar en algún aspecto da súa vida). Aquí vos deixamos unha mostra deste traballo. 

  

Por outra parte, ese venres 8 realizamos un photocall e unha milla diferente colocando os traballos en paneis ao longo do percorrido.

 



Distribuir contido


by Dr. Radut