O Concello organizou unha actividade pola celebración do Samaín na que participaron os grupos de terceiro do Centro. Consistiu nun obradoiro no que elaboraron disfraces de esqueletos e un estandarte. Ademais explicáronlle aos rapaces/as en que consiste a festa do Samaín e cales son as súas orixes e tradicións.
Despois, recorreron os establecementos comerciais participantes da rúa Barcelona, dos que recibiron castañas e algunha que outra “chuche”.
O 31 deste mes haberá un desfile chamado Procesión da Santa Compaña, a partires das 17:30 onde participarán todos os grupos. Para finalizar cunha gran festa do Samaín, que terá lugar ao finalizar dita procesión, na Praza de María Pita, onde se entregarán 3 premios de 1.500€ cada un aos mellores grupos.