Skip to Content

Novas

AS NOSAS PALABRAS- LETRAS GALEGAS 2020

Ola a todas e todos!!

 

Xa chegou a semana das nosas Letras! É unha mágoa que non podamos celebrala xuntos pero farémolo en Outubro e será xenial! 

 

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua queremos propoñervos unha actividade para esta semana:

ESCOLLER A VOSA PALABRA FAVORITA EN GALEGO. Unha vez que a decidades, podedes facer dúas cousas:

 

- Unha foto da palabra, escrita nun folio, debuxada, decorada...

- Unha gravación vosa dicindo "A miña palabra favorita é..."

 

O que prefirades!  Cando o teñades, podedes mandalo ao correo do EDLG

 

spvdinamizacion@gmail.com

 

Esperamos as vosas aportacións ATA O XOVES, DÍA 14 DE MAIO.

 

 

Moitas, moitas grazas pola vosa colaboración!

 

 

 

 

 

 

XOGOS ONLINE PARA PRIMARIA

Ola a todas e todos!

 

De cara á fin de semana, deixámosvos os enlaces a unha serie de xogos cos que pasaredes un rato ben divertido!

 

A primeira proposta é don Miro Ramiro co que podedes xogar ao aforcado, nunha versión do San Xoan. Conseguiredes salvar ao Meco?

 

https://www.edu.xunta.es/xogos/aforcado/aforcado.html

 

 

A este outro xogo que vos propoñemos podedes xogar de xeito individual ou en grupos. Chámase "O Preguntoiro" e pon a proba os vosos coñecementos sobre un montón de temas.  Quen será o máis sabichón ou a máis sabichona? ;)

 

http://www.edu.xunta.es/preguntoiro/

 

 

E por último, un xogo para as máis pequenas e pequenos de Primaria. Con Fervello e os seus amigos podedes vivir unha aventura que vai por a proba moitas cousas que levades aprendidas neste curso. 

 

http://www.edu.xunta.es/xogaconfervello/

 

 

Esperamos que pasedes unha boa fin de semana!

 

Moito ánimo! ESTADES A FACELO TAN BEN QUE XA QUEDA MOITO MENOS!

RECURSOS PÁXINA CRTVG- XABARÍN CLUB

Ola a todas e todos!

 

Se queredes pasar un bo rato xogando na nosa lingua, hoxe aconséllovos que vos pasedes pola páxina da CRTVG, no espazo do Xabarín Club.

 

http://www.crtvg.es/infantil

 

Na sección "ADEMAIS" , aparece unha ampla oferta de xogos interactivos, audio- contos...

Os audio- contos están dirixidos a nenas e nenos entre 4 e 5 anos.

 

Tamén é moi interesante o apartado de "CONTOS DO CAMIÑO" que vos enlazo a continuación

 

 

http://www.crtvg.es/tvg/programas/os-contos-do-camino

 

É unha serie de 26 capítulos, duns 10 minutos cada un, dirixidos a nenas e nenos de entre 3 e 7 anos.

Son adaptacións de obras, tanto clásicas coma máis recentes, publicadas por OQO Editora.

 

Esperamos que estas suxerencias vos fagan pasar un rato divertido dándolle un pouco á lingua!

 

MOITO ÁNIMO!!

PASAPALABRA SOBRE RICARDO CARVALHO CALERO

Hoxe propóñovos un reto: cantas cousas sabedes sobre Carvalho Calero?

 

Poñede a proba os vosos coñecementos como se fórades concursantes de "Pasapalabra". Atrevédesvos?

 

A ver cántos acertos tedes!

 

 

 

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5380341-ricardo_carballo_ca...

 

NOVOS ENLACES- RICARDO CARVALHO CALERO

Ola!

 

A continuación, déixovos dous enlaces moi interesantes:

 

O primeiro é unha vídeo elaborado polo alumnado de 5º de Primaria do Colexio San Pío X de Ourense, no que nos falan da vida e as obras de Carvalho Calero.

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=nwhKFNhemxY

 

 

Este outro enlace é un xogo no que poredes a proba todo o que aprendéstedes sobre el:

 

 

https://view.genial.ly/5e750fa6d0e81c0e4046557d/game-don-ridardo-o-xogo

 

ATRÉVESTE??

 

CARVALHO CALERO PARA OS MÁIS PEQUENOS

Hoxe presentámosvos un material máis accesible para os máis pequenos.

 

Nesta breve biografía pictografiada podemos presentarlles a figura de Carvalho Calero dun xeito máis adaptado.

 

Estes e outros materiais atópanse na páxina do Seminario Galán, co que colabora o noso Centro.

 

 

http://seminariogalan.org

 

 

RICARDO Carvalho Calero- Día das Letras Galegas 2020

Ola!

 

Xa estamos no mes de Abril e axiña chegará o Día das Letras Galegas.

 

Este ano está adicado a Ricardo Carvalho Calero, escritor e docente ferrolán.

 

Dende o EDGL preparamos un pequeno resumo da súa biografía para que comencedes a coñecelo. 

 

Estade moi atentas e atentos porque iremos propoñendovos moitas actividades.

 

Un saúdo e MOITO ÁNIMO!!

 

 

 

 

SEMANA DA MULLER: RAQUEL ROSA

Hoxe tivemos a sorte de recibir no noso cole a RAQUEL ROSA, xornalista da RTVG.

Estivo compartindo a súa experiencia vital como nena, ximnasta, xornalista e muller.

Deixou moitas inquedanzas e ideas para a reflexión das nosas nenas e nenos de 3º e 4º de primaria e unha idea: "SOMOS DIFERENTES PERO TEMOS O MESMO VALOR"

Moitas grazas Raquel por compartir o teu tempo con nós.

ENTROIDO CHOQUEIRO

 

 

SEMANA DA MULLER: BÁRBARA FLORES E EUGENIA GIL

Segunda xornada para conmemorar o día da muller.

Hoxe recibimos unha dobre visita, as dúas mulleres que viñeron ao colexio teñen relación do Deporte. elas son Bárbara Flores e Eugenia Gil. Estiveron co alumnado de 5º e 6º de Primaria. O alumnado poido falar con elas e preguntarlle curiosidades.

BÁRBARA FLORES é xogadora do R.C. Deportivo Genuine. Barbara, con 17 anos xa é quen de xogar no Deportivo. A defensa do Depor, que é xorda, deixou unha mensaxe moi fonda no alumnado, deixando claro que para practicaar deporte ou calquera faceta da vida non existen límites.

EUGENIA GIL, árbitra da 1ª División Femenina de España e atleta de nivel compaxina a vida deportiva co estudo do seu segundo grao universitario. Eugenia deixounos abraidos coas imaxes e anéctotas na arbitraxe, tanto aquí en España, como na súa estancia nos Estados Unidos mentras disfrutaba dunha beca polo seu gran nivel no atletismo. Esperemos que o alumnado tome boa nota da mensaxe que deixa nesta visita Eugenia: con unha boa organización e facendo o que unha é feliz pódese compaxinar todo que te propoñas, sendo importante a compaxinación dos Estudos e do Deporte.

Unha sorte ter unhas mulleres tan inspiradoras esta mañá no CEIP San Pedro de Visma. Moitas Gracias!

Distribuir contido


by Dr. Radut