blogue derociocn

T- SHIRTS

 

MUS-E ENTREVISTA

Aquí vedes outro exemplo de MUS-E AUDIOVISUAIS, grandes profesionais realizándose entrevistas uns aos outros. Ao final fixeron unha actividade conxunta onde representaban o animal que quererían ser.

O FROITO DO NOSO TRABALLO

Como se viu en artigos anteriores, o noso traballo na horta deu os seus froitos e agora podemos desfrutar dunhas magníficas leitugas. Bo proveito!

VISITAMOS A TORRE DE HÉRCULES

ROBÓTICA E MEDIO AMBENTE

Coa axuda da fundación Prosegur, o alumnado de 5º A renovou os seus coñecementos sobre a conservación do noso medio ambente. A actividade viña acompañada de certos aspectos moi motivadores: o traballo en grupo e o manexo de robots. Finalmente desenvolveron o seu propio proxecto. Moi motivadora e completa.

TRABALLANDO COA PERSPECTIVA

 

O traballo coa perspectiva na nosa actividade MUS-E de audiovisuais fai florecer a creatividade do noso alumnado. Este é un pequeno exemplo.

"BASKET CORUÑA", UNHA VISITA EMOCIONANTE

ART CLASS: HOW DO THEY SEE YOU?

 

How are you and how do they see you? This activity helps our pupils to have a new perspective about themselves.

Como eres e como te ven? Esta actividade axuda ao noso alumnado a ter unha nova perspectiva de sí mesmos.

5º A PLANTAR LEITUGAS

 

Chega o bo tempo e a horta chama por nós. Presentámosvos a nosa plantación de leitugas. Esperamos coidalas e que se dean ben para que nos aproveiten a todos.

PATAPATÚM: UNHA OBRA DE TEATRO ORIXINAL

O pasado venres, 15 de marzo, o alumnado de 5º de primaria fomos ver unha obra de teatro representada no Forum Metropolitano. A obra titulada: "Patapatúm", é unha reflexión sobre o tempo, a crianza e como enchemos os baleiros das nosas ausencias. 

Este é un espectáculo de teatro visual sen palabras e cunha banda sonora inspirada no universo dixieland. Tamén inclúe a máscara e o xogo físico.

Powered by Drupal - Design by artinet