Skip to Content

Somos PLAN PROXECTA

 

 

 

Biblioteca escolar

 

 

 

 

  

Participamos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

5º Curso

Novo blog. Aprendemos creando

UN SAMAÍN DE CINE-5ºEP-2017

Excursión: Coruña 2017

Letras Galegas 2017

                       GALEGUEANDO NA ESCOLA
                  16/MAIO/2017
                    NÓS ESTAMOS DE FOLIADA,
           HOMENAXEANDO AO CASARES
         POETA NADO NESTES LARES,
  E INTERPRETADO POR ESTES PARTICULARES ESCOLARES.
ESTE É O VÍDEO DA NOSA ACTUACIÓN,
ESPERAMOS QUE SEXA DO VOSO AGRADO.
 

Estatuto de Autonomía. Recollida premio 5º EP/ 2017

Nun bosque de versos

Día da árbore e da poesía

Escribimos e recitámoslle esta poesía ao carballo que medra no patio do colexio.

 

21 de marzo: DÍA DA ARBORE

Apadriñar  unha árbore é un proxecto da nosa escola para conmemorar o día da árbore e da auga. Queremos  facer conscientes aos nosos alumn@s de  coidar e protexer as árbores , como fonte de riqueza paisaxística, natural, cultural, social e económica.

 

 

Os Robóticos

Noticias Robóticas

Proxecto Anual: Investigando, tolos pola ciencia

 

A Bailar: sacho, grelos e rock and roll!

 

Robótic@s- 5º E.P.

 

Este curso estamos decidid@s a aprender coa Robótica. Empezamos por coñecer o que son as máquinas . Sabemos que son a base do progreso tecnolóxico e que os humanos creámolas para que nos axuden a facer diferentes actividades de forma máis sinxela, rápida e con menos esforzo.

Estamos aprendendo moito vocabulario relacionado con este tema, e sí , xa sabemos o que son as máquinas simples e as complexas. O noso "PEPE" polo momento e "simple"...pero xa se irá facendo máis complexo coa nosa axuda a medida que avance o curso e tamén os nosos coñecementos.

 

MAGOSTO ROSMÓN

VAI UNHA DE POETAS: MAGOSTO ROSMÓN 


AÍ VEN A CASTAÑA
CON GRAZA SEN PAR
CORRENDO LIXEIRA
A NOS ATOPAR!

NO MAGOSTO DO COLEXIO,
ASAMOS MOITAS CASTAÑAS
CAENSE TODAS AS FOLLAS
E PINTÁMONOS A CARA.

FACEMOS UNHA FOGATA
TAN GRANDE COMA UN CAMIÓN,
COMEMOS AO AIRE LIBRE
E XOGAMOS CO CARBÓN.


O MAGOSTO O CELEBRAMOS
NO COLEXIO DE TOEN,
ASAMOS AS CASTAÑAS
E AS COMEMOS CON EFRÉN

FACEMOS A FOGATA,
E XA TEMOS  AS CASTAÑAS.
COMEMOS UNHAS POUCAS
E CANTAMOS UNHAS SONATAS

FACEMOS UNHA FOGATA
E COLLEMOS O CARBÓN
PINTAMONOS A CARA
E XOGAMOS UN MONTÓN.

ENLARAFUZÁMONOS  A CARA ,
E NINGUÉN NOS REGAÑA,
GÚSTANOS MOITO,
PORQUE FACEMOS TRASNADAS.

PINTÁMONOS A CARA 
QUE COUSA TAN RARA!
... NOS XA REMATAMOS
E AOS MESTRES EMBORROAMOS!

Escornabots ortográficos

Este ano o noso proxecto documental ten moita CIENCIA e Efrén convídanos a participar neste proxecto e converternos este curso en científicos e científicas.

Polo tanto, nós os de 5º, imos traballar coa ciencia e a tecnoloxía a reo.

A profe María propúxonos que xa que temos os ESCORNABOTS na biblioteca usemos a robótica para divertirnos e  que elaboremos actividades de  lingua  para aprender. 

Así que...mans a obra! Programamos cos botóns as secuencias de movementos do robot e ...ala! , a traballar coa ortografía e a gramática.

Ocorréusenos que poderíamos facer uns xogos  nos que as NORMAS elexidas son as seguintes:Comenzamos pensando como podíamos facer un xogo divertido, pero a vez que sirva para repasar e aprender as linguas.

1º.- Cada xogador dispón de dous dados.

2º.- O xogador/a tira os dous dados e sae un nº.

3º.- Co nº que saiu o xogador ou xogadora programa o ESCORNABOT para que se desplace a cela correspondente do taboleiro.

4º- Cando o Escornabot chega a cela, terá unha pregunta agochada a cal temos que dar resposta.

5º.-  As preguntas son difíciles e hai que dar respostas moi claras e precisas.

Bueno...claro que nós xa as sabemos porque somos os inventores do xogo e das preguntas!

A xogarrrrrrrrrrrrrrrr.....!

 

No vídeo vai descrita unha secuencia do xogo...pero hai moitas máis...

Distribuir contido


by Dr. Radut