Skip to Content

Somos PLAN PROXECTA

 

 

 

 

Biblioteca escolar

 

 

 

 

 

  

Participamos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Bloguesquío, Ler para medrar, Hora de ler, Os contos de Efrén, Somos autores

O Nadal dos contos

Na Plataforma Agueiro, podedes ver as actividades que programamos para o acto:

E ti con que soñas este Nadal?

https://www.edu.xunta.es/agueiro/view/view.php?t=5DGBgUz4JIH1NtiYQflZ 

 

Contos con Sabela Gago

Sabela Gago é unha actriz,  e o papel de Contacontos dáselle de marabilla...

Visitounos no cole e contounos dous contos cos que nos de¡ivertimos moito.

Un trataba  sobre un grave problema que tiñan tres galiñas

 

 

Inacio vilariño

Inacio Vilariño é un deses contacontos que fai que @s nen@s se metan no conto e participen activamente. 

Contounos varios contos de burros e rematou cunha cancion onde empregou o encadeamento de elementos propio dos contos acumulativos.

Tod@s lle axudamos a cantala e, como proba, queda este video:

 

 

 

Contacontos

O vindeiro luns visitaranos o escritor,contacontos, director... Inacio Vilariño. Achégase ao cole por xentileza do Consorcio Editorial Galego S.A. 

 Esta animación está pensada para nen@s a partires dos 3 anos,  co fín de achegal@s un pouco máis ao mundo da literatura, dos contos, da fantasía, da creatividade...

Inacio adícase a escribir, pero tamén as artes escénicas e dirixe unha compañia "Fantoches Baj", coa que ten representado varias obras. 

A súa admiración pola cultura popular reflíctese tanto no eido investigador como creativo. No ano 2009 gañou o VII Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques para adultos coa súa obra "Auga que non has beber". Ao ano seguinte foi o gañador do VIII Premio Barriga Verde na modalidade infantil con "Fábula Galénica"

 

 

EEE (EfrénEsquíoEdicións)

Visita o Bloguesquio e poderás ler todos os nosos traballos

24 de Outubro, Día das Bibliotecas

O Día das Bibliotecas é unha data para celebrar, da misma forma que celebramos o noso aniversario ou calquera outra data especial.

  Estivemos pensando cal sería o regalo que máis lle apetecería recibir a unha Biblio e, dedicimos que o mellor sería regalarlle... pois claro: CONTOS.

Fixemos un intercambio de contos entre as diferentes aulas:

Os nen@s de 3 anos contáronlles aos de 6º  o conto "Os tres Porquiños" e éstes regaláronlles o conto "A ladroa de palabras"
Os nen@s de 4 anos contaron o conto  e cantaron a canción "O pirata Metepata", Os de 5º  regaláronnos tres contos clásicos en verso, e o máis importante: eles mesmos escribiron os poemas. 

Os nen@s de 5 anos escenificaron "O coelliño branco". Os  de 3º  elixiron "A cebra Camila" e ata lle poidemos pintar unhas cantas raias a pobre cebra para que estivese mais contenta.

E que conto elixiron os de 4º? E os de 1º e 2º?  Pois os mais maiores elixiron un en verso : "As cores do arco da vella" . Os de 1º Ciclo contáronnos "O primeiro dia de escola"

Despois  @s pequen@s estiveron encantados de escoitar un conto lido por un dos maiores.

 

E, para rematar, tivemos un obradoiro para elaborar "mordepáxinas" coa figura da nosa mascota Efrén.

Queredes ver todas as actividades?

Picade aquí


 

A historia de Efrén

 Efren detectiveEfrén é un esquío e tamén é a mascota do cole.Naceu uns anos atrás, como protagonista da actividade dos "Detectives Verdes".
Por iso, ao principio ía vestido coma calquera detective: coa súa gabardina e a súa lupa.
Máis tarde decidimos facelo partícipe de todas as nosas actividades e celebracións.
Por iso  se disfraza, vai de magosto, axúdanos co xornal escolar, anímanos a ler...
Ata se atreve co inglés.
Na seguinte presentación podedes ver as súas primeiras caracterizacións, porque foi cambiando co tempo e agora ata se viste con roupas de verdade.
Pero iso xa é outra historia...

Bloguesquío

Distribuir contido


by Dr. Radut