ADMISIÓN DE ALUMNADO
INFANTIL E PRIMARIA PARA O CURSO 2022-2023
Aplicación Admisión Alumnado
CALENDARIO DO PROCEDEMENTO
1. Reserva de praza no centro de orixe: do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro.
RESERVA DE PRAZA ALUMNADO 6º de primaria NO IES O COUTO. ANEXO I en liña
A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.
2. Data do sorteo público para efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo.
3. Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.
4. Presentación da solicitude de admisión: 1-21 de marzo. ANEXO II
Aplicación Admisión Alumnado (solicitude telemática)
Documentación que se debe achegar xunto co Anexo II:
- Fotocopia do DNI pais e alumn@
- Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumn@
- Certificado médico (enfemedades, alerxias, vacinas)
- Fotocopia libro de familia
- Certificado de familia numerosa de ser o caso
- Certificado de empadroamento
5. Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
6. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.
LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITID@S
7. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.
Todo o alumnado que presentou solicitude de admisión para o vindeiro curso 2022-23 neste centro foi admitido.
O prazo de formalización da matrícula é dende o 20 ao 30 de xuño. Os impresos de matrícula poderanse recoller na secretaría do centro ou poderán ser descargados da páxina web en xuño.
LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITID@S
8. Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño. ANEXO III-1
9. Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 25 de xuño-10 de xullo.
10. Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato: 1-10 de setembro».