Skip to Content

Somos PLAN PROXECTA

 

 

 

 

Biblioteca escolar

 

 

 

 

 

  

Participamos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Convivencia escolar

A nosa patrulla verde!!

Slidely by Slidely Slideshow

Eu teño alguén no meu corazón!!!

25Novembro2018

Que opinan os nen@s sobre o pago desigual entre homes e mulleres ?

CONVIVIR: AS NORMAS DA NOSA ESCOLA

Nas aulas realizamos a principios deste curso  unha tarefa moi comprometida e importante : "As  normas de convivencia das nosas aulas", para decorar as clases e tamén para recordar todos os días cales son as nosas obrigas e responsabilidades para facer posible a boa convivencia de tod@s nós. Efrén xa as cumple e nós tamén! 

 

AS NORMAS DA NOSA ESCOLA

 

Presentación

Igualdade de xénero, igualdade de oportunidades

A igualdade de xénero implica igualdade de dereitos e oportunidades para todos/as, independentemente do sexo, crenzas, orixe ou calquera outra condición. 

Nestes días realizamos unha serie de actividades para reflexionar sobre os estereotipos de xénero no referente ás profesións

Reunidos todo o centro na biblioteca, realizamos unha dinámica coeducativa, moderada por Carmen, na que os nenos e nenas tiñan que describir a unha persoa que opera,  unha persoa que conduce un camión, unha que apaga incendios e rescata xente... (evitando mencionar o seu sexo.)

A maioría das respostas foron "é alto e forte, co pelo curto..."

- E como é unha persoa que axuda ao cirurxián, ou unha persoa que fai peiteados?   

 As respostas  foron : "alta, delgada,  co pelo longo..."     

Ao cabo, dixémoslles que iamos facer un xogo e entrou na biblioteca unha muller vestida cun chandal. 

Preguntámoslles  cal pensaban que era a súa profesión. Estas foron as respostas: 

- Entrenadora persoal

- Profesora de E. Física

- Dependenta 

- Mestra

- Enfermeira...

Agora tiñan que adiviñar cal era a profesión desta muller facéndolle preguntas directas, ás que elas só podía responder si/non. 

A muller abandoou a biblioteca uns minutos e apareceu equipada co traxe que emprega diariamente no seu traballo: era BOMBEIRA. 

Os rapaces e rapazas fixéronlle moitas preguntas sobre a súa profesión e sobre todo interesáronse polos perigos da mesma. Ela explicou que, ante todo, había que ter sangue frío para actuar en situacións límite e  que "nesta profesión non hai superheroes, todo se basea no traballo en equipo"

 

25N by Slidely Photo Gallery

CONCLUSIÓNS: Ás veces sen ser conscientes asignamos distintos papeis e temos comportamentos diferentes coas persoas segundo nacesen nenos ou nenas e temos distinas expectativas para cada xénero, e estes comportamentos deben ser corrixidos. A igualdade non debe ser unha actividade puntual, se non que debe formar parte da nosa rutina diaria. 

A escada da igualdade

Construímos esta escada da igualdade con motivo da celebración do día contra a violencia de xénero.

Cada clase decorou un chanzo cun lema que facía referencia á igualdade, ao respecto e ao bo trato en xeral.

Frea a violencia, respecta e tolera

Hoxe conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero 

Traballamos os estereotipos e a educación.

Unha bombeira, achegouse ata o colexio para compartir con nós como é o seu traballo. Comezamos cunha charla sobre as profesións, os rapaces tiñan que adiviñar cal era a profesión da muller facéndolle preguntas precisas, ás que a profesional só podía contestar si/non.

Este foi un dos Cortos proxectados na biblioteca do centro cun posterior debate.

Cada aula decorou un chanzo con lemas sobre a igualdade de xénero. Con todos os chanzos construímos a nosa  "ESCADA DA IGUALDADE". 

 

 

Rematamos cantando a canción Respecta e tolera:

Estamos en contra da violencia

xuntos dicímolo a VIVA VOZ

está nas túas mans, voucho a explicar

calquer conflicto se pode arranxar.

Frea a Violencia

Respecta e Tolera.

 (Marcando o ritmo coa música de Queen "We will rock you")

 

Distribuir contido


by Dr. Radut