Skip to Content

Somos PLAN PROXECTA

 

 

 

 

Biblioteca escolar

 

 

 

 

 

  

Participamos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Obradoiro das Letras

Abraham Carreiro. Debuxos, historias e moito máis!

Ilustracións en directo con Abraham Carreiro.

Ensinounos moitos trucos e transmitiunos a súa paixón polo debuxo. Primeiro mostrounos a súa arte debuxando e deunos unha guía completa de como debuxar caras con distintas expresións ou tamén a importancia de transmitir movemento ás nosas creacións.

Nós mostrámoslle as nosas habilidades e fixemos algúns bocetos. Regalámoslle algúns debuxos de distintos personaxes por se algún día necesitaba inspiración para que os incluíse nos seus libros de aventuras: heroes, villanos, monstros...

AbrahamCarreiro by Slidely Photo Gallery

Pero nós queriamos saber máis do seu traballo e dos seus plans, e por iso o bombardeamos a preguntas da súa infancia, do seu traballo, dos seus libros, os seus ídolos. Aquí a tedes en vivo e en directo (en directo non, en diferido)

Homenaxe a Roberto Vidal Bolaño

Este vídeo sobre Roberto Vidal Bolaño, gravámolo na festa das Letras Galegas. Hai un chisco de ruído de fondo, pero que lle queredes? Estabamos de celebración!

webquest de linguas

Bicos e Apertas

O amor aos fillos é instintivo e sin condicións. É o único amor que dura para sempre, o único que non nos vai defraudar nunca.

Os fillos precisan que os pais lles manifesten o seu afecto con palabras, con xestos, con bicos e apertas.

E que mellor maneira que dedicarlles un poema? 

Porque cada un d@s nos@s nen@s é unic@ e irrepetible, e esa diferencia é o que @s fai únic@s e valios@s.

E este recoñecemento é esencial para desenvolver a súa autoestima.

Recollemos nestas presentacións os poemas que escribistes para agasallar aos vosos fillos e fillas o día de San Valentín

.                          

Podedes sentirvos orgullos@s.

 

 




EEE (EfrénEsquíoEdicións)

Visita o Bloguesquio e poderás ler todos os nosos traballos

Eu tamén son diferente... E que?

Neste planeta globalizado so poderemos convivir, ter futuro, se empregamos a chave da tolerancia, do encontro entre culturas, do respecto e a solidariedade.


É un traballo  que nos  corresponde a todos: ós pais e nais, á escola, os concellos, ós medios de comunicación ..., para continuar educando na tolerancia, na convivencia.
Axudounos nesta labor un contacontos moi especial, unha especie de xacio, trasno, barqueiro do río Miño, de Chantada, que se chama Anxo Moure e que forma parte dun proxecto chamado Contos Solidarios da ONG Bicis Pola Paz.


Eu tamén son diferente... e que?

As Cores Da Paz

Edición do caderno
 


As Cores da Paz



Con variadas e coloridas aportacións de todos os alumnos/as do centro: debuxos, contos, poemas, cancións, cartas e desexos.

Descubrindo unha árbore

Tomando como referencia unha árbore do seu pobo, os alumn@s escribiron estes contos.

Distribuir contido


by Dr. Radut