Skip to Content

Somos PLAN PROXECTA

 

 

 

 

Biblioteca escolar

 

 

 

 

 

  

Participamos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Taboleiro da lingua

TABOLEIRO DA LINGUA

http://1.bp.blogspot.com/-RCbek3qRATw/SyKgbK-UcnI/AAAAAAAAOwI/WGIecbm9uAY/s1600/lin25.gif

Somos o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do CEIP de TOÉN e neste recuncho da nosa web pretendemos xerar un espazo de difusión, proxectos e experiencias colectivas.
Esperamos que vos guste e vos animedes a participar.

http://1.bp.blogspot.com/-RCbek3qRATw/SyKgbK-UcnI/AAAAAAAAOwI/WGIecbm9uAY/s1600/lin25.gif

 

CURSO 2017/18

 

 

Decembro 2017

NADAL DE CINE 

OS NOSOS DESEXOS E ILUSIÓNS

 

Novembro: NON AO MALTRATO

UN CONTO PARA TRABALLAR A IGUALDADE DE XÉNERO

"ARTUR  e CLEMENTINA"

 

Adela Turín, unha escritora italiana moi comprometida coa loita contra o sexismo ,  escribiu en 1976 este conto que, tristemente, segue de actualidade. 
Apoiámonos nel para traballar co alumnado a prevención da Violencia de Xénero. Trala lectura do conto na BE, mantivemos unha charla cos alumnxs sobre as impresións que tiveron e os sentimentos que xurdiron neles.

 

 
Despois, xa nas aulas, fixemos unha manualidade consistente en elaborar unha tartaruga empregando cartolina e reciclando unha botella . Dentro da cuncha, os nenxs tiñan que escribir unha frase ou palabra que Artur lle debería ter dito a Clementina, modificando deste xeito a súa maneira de pensar e actuar. 
ASÍ QUEDOU O NOSO TABOLEIRO, CHEIÑO DE PALABRAS PRO IGUALDADE DE XÉNERO

 

OUTUBRO , películas e máis películas

 

PANEL/VIDEOTECA DAS PELÍCULAS QUE MAIS NOS GUSTAN

 

 

http://1.bp.blogspot.com/-RCbek3qRATw/SyKgbK-UcnI/AAAAAAAAOwI/WGIecbm9uAY/s1600/lin25.gif

http://1.bp.blogspot.com/-RCbek3qRATw/SyKgbK-UcnI/AAAAAAAAOwI/WGIecbm9uAY/s1600/lin25.gif

escuela-y-colegio-imagen-animada-0004CURSO 2016/17

 

Chegado o Samaín : Apócemas de  Química Siniestra...

 

 

 

Polo San Martiño...ven o inverno no camiño.

 

 Polo San Martiño, castañas e viño.

Castañas, noces e viño fan a ledicia do San Martiño.

A castaña que está no camiño é do veciño.


As castañas que despois do San Martiño quedan no souto, son do moucho.

De San Miguel a San Martiño, recóllese o pan e gárdase o viño.

 

En San Martiño abre o pipote de viño.

 

No San Martiño, porco e viño.


San Martiño, vai ó magosto e mata o porquiño.

Polo San Martiño, trompos ao camiño.

Despois de San Martiño vén o inverno de camiño.

Polo San Martiño, buxainas ó camiño.


Polo San Martiño di o inverno ¡¡¡¡Alá vou eu!!!!

O veranciño de San Martiño, ou grande ou pequeniño.


Polo San Martiño, andan as noces a roliño.


Polo San Martiño faise o magosto, con castañas asadas e viño ou mosto.

 

 

SOÑOS NO NADAL

E ti, con que soñas este Nadal?

Con ter moitos agasallos?
Con que toque a lotaría na túa casa?
Con ...?

Redactamos os nosos soños...

RisaPREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO 

 

 

E para conmemorar o día da PAZ "TECEMOS  SOÑOS DE PAZ"

Entre todos e todas queremos tecer unha grande rede de desexos e compromisos para reivindicar na escola  a resolución non violenta 

 

 

Xa no ENTROIDO...TROULA , MANDADIÑOS E FESTA!

 

 

 

 

 http://1.bp.blogspot.com/-RCbek3qRATw/SyKgbK-UcnI/AAAAAAAAOwI/WGIecbm9uAY/s1600/lin25.gif

http://1.bp.blogspot.com/-RCbek3qRATw/SyKgbK-UcnI/AAAAAAAAOwI/WGIecbm9uAY/s1600/lin25.gif

 

escuela-y-colegio-imagen-animada-0004CURSO 2015/16

 

OUTUBRO TERRORÍFICO!

A NOSA PROPOSTA É : "ATRÉVETE A ESCRIBIR..."

 

 

 

...E En  novembro ...de MAGOSTO!

"A castaña na lareira fixo pum! e rebentou

ai! pobriña da castaña, vaia golpiño levou"

 

 POLO NADAL CON EFRÉN/APALPADOR  AS  DISFRUTAR

 

EN XANEIRO, PINGAS POLA PAZ

POR FEBREIRO ...ROSALÍA NA NOSA ESCOLA

 

CHEGADO MARZO, TRABALLAMOS A IGUALDADE:

"MULLERES NO MUNDO"

 

Co gallo do Día da Muller, un ano máis a nosa escola dedícalle unha homenaxe as mulleres ,e así as figuras femininas son as protagonistas.

 

 http://1.bp.blogspot.com/-RCbek3qRATw/SyKgbK-UcnI/AAAAAAAAOwI/WGIecbm9uAY/s1600/lin25.gif

http://1.bp.blogspot.com/-RCbek3qRATw/SyKgbK-UcnI/AAAAAAAAOwI/WGIecbm9uAY/s1600/lin25.gif

CURSO 2014/15

NO MES DE OUTUBRO:

"VERBAS MONSTRUOSAS..."

 

http://1.bp.blogspot.com/-RCbek3qRATw/SyKgbK-UcnI/AAAAAAAAOwI/WGIecbm9uAY/s1600/lin25.gif

CHEGADO NOVEMBRO:

"NO OUTONO ESTAMOS, E ASÍ RIMAMOS..."

http://1.bp.blogspot.com/-RCbek3qRATw/SyKgbK-UcnI/AAAAAAAAOwI/WGIecbm9uAY/s1600/lin25.gif

...E POLO NADAL

ORGANIZAMOS O TRADICIONAL CONCURSO DE POSTAIS, E , SÍ... OS NOSOS PEQUENOS ARTISTAS SEMPRE DANDO TODO DE SEU!


http://1.bp.blogspot.com/-RCbek3qRATw/SyKgbK-UcnI/AAAAAAAAOwI/WGIecbm9uAY/s1600/lin25.gif

 31 de Xaneiro , Xornada pola PAZ na nosa escola.

O NOSO LEMA É : "Abaixo cos muros"

Estas son as actividades que puxemos  en marcha este ano para conmemorar o día 31 de xaneiro e que,  como vedes, teñen moito que ver co tema : "Abaixo cos muros"

 

http://1.bp.blogspot.com/-RCbek3qRATw/SyKgbK-UcnI/AAAAAAAAOwI/WGIecbm9uAY/s1600/lin25.gif

 ...E NO MES DO ENTROIDO

Efrén marca o noso ritmo,

e os  seus  "Mandadiños"  gobernan toda a semana.

 

 

http://1.bp.blogspot.com/-RCbek3qRATw/SyKgbK-UcnI/AAAAAAAAOwI/WGIecbm9uAY/s1600/lin25.gif

...Cumprido  MARZO, o noso CADRO POÉTICO peiteado de  teselas poéticas.

http://1.bp.blogspot.com/-RCbek3qRATw/SyKgbK-UcnI/AAAAAAAAOwI/WGIecbm9uAY/s1600/lin25.gif

...Chegado o mes de Maio, coplas e construcción do tradicional Maio

 

Nós seguimos a tradición  e celebramos a chegada do bo tempo e facemos o noso maio con ramas e flores.


Por iso, saímos ao monte co "profe Miguel" e collemos xestas, uces e carrabouxos (musgo non, porque non se pode arrincar). 
Con todo ese material fixemos o noso maio piramidal, compuxemos as coplas cun chisco de retranca (pero tamén con moito agarimo) como manda a tradición, e levámolo en andas por todas as clases para que @s compañeir@s viran a nosa obra.

Máis información : bloguesquio

 

 

http://1.bp.blogspot.com/-RCbek3qRATw/SyKgbK-UcnI/AAAAAAAAOwI/WGIecbm9uAY/s1600/lin25.gif

 E tamén en maio celebramos a Romaría das Letras Galegas.

Na que tocamos, cantamos, bailamos e representamos o que tiñamos preparado para todas as familias que se achegaron a vernos.
Ao rematar, como non podía ser menos, houbo festa e comida.

 

 

http://1.bp.blogspot.com/-RCbek3qRATw/SyKgbK-UcnI/AAAAAAAAOwI/WGIecbm9uAY/s1600/lin25.gif

 

 http://1.bp.blogspot.com/-RCbek3qRATw/SyKgbK-UcnI/AAAAAAAAOwI/WGIecbm9uAY/s1600/lin25.gif


 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut