Skip to Content

Somos PLAN PROXECTA

 

 

 

 

Biblioteca escolar

 

 

 

 

 

  

Participamos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Novas

Parabéns ao alumnado

A Xunta Directiva da AFA quere transmitir as súas felicitacións ao alumnado do centro, pola elaboración das propostas remitidas ao I Concurso provincial contra a violencia de xénero, da Deputación de Ourense. 

Nomeadamente, aos grupos de 5º e 6º de Primaria, polo premio recibido, e ao equipo docente pola súa colaboración. Moitos parabéns!

Na seguinte ligazón pódese ampliar a información: noticia

 

Convocatoria asamblea xeral ordinaria

Achegamos convocatoria de Asamblea xeral ordinaria, que se celebrará o venres día 9 de xuño de 2023.

 

Convocatoria asamblea xeral ordinaria

 

Achegamos convocatoria de Asamblea xeral ordinaria, que se celebrará o venres día 3 de febreiro de 2023.

 

Comunicado Xunta Directiva - Actividades no polideportivo

A Xunta Directiva da AFA, ante o deterioro da cuberta do polideportivo do colexio e á vista de que a Consellería de Educación aínda non substituíu as chapas minionda rotas, tal e como se solicitou en reiteradas ocasións dende o centro escolar, toma as seguintes decisións:

• Dende hoxe mesmo, 22 de novembro, as actividades extraescolares da AFA que viñan desenvolvéndose no polideportivo, pasarán a realizarse no ximnasio ou na aula multiusos.

• Tamén no día de hoxe, presentaremos un escrito na Xefatura Territorial da Consellería de Educación, requirindo que se arranxe, de inmediato e dunha vez por todas, a referida cuberta.

Adxuntamos comunicado.

Convocatoria asamblea xeral ordinaria

Achegamos convocatoria de Asamblea xeral ordinaria, que se celebrará o venres día 30 de setembro de 2022.

 

Convocatoria asamblea xeral ordinaria

Achegamos adxunta, convocatoria de Asamblea xeral ordinaria, que se celebrará o 29 de abril de 2022.

Consello escolar

O martes, día 25 de xaneiro, está convocada reunión do Consello escolar.
 
A representante da asociación de familias no Consello, dará traslado de cantas cuestións sexan comunicadas con antelación no correo da asociación: anpaceipsacoearce@hotmail.com

Convocatoria asamblea xeral ordinaria

Achegamos adxunta convocatoria de Asamblea xeral ordinaria, que se celebrará o 14 de xaneiro de 2022.

Servizo de gardería. Curso 2017 - 2018

Informámosvos  que o SERVIZO DE GARDERÍA xa está en funcionamento.
 
Aquí vos deixamos  a inscrición para as familias que desexedes usala.
Atoparédelo en FICHEIROS ADXUNTOS, ao final desta páxina. 
 
Tamén está dispoñible na dirección do cole. 

Novas ANPA

REVÁLIDA 30-31 DE MAIO
 
Nestes días as familias que tedes nenas/os escolarizados en 3º de Primaria recibistes nas vosas casas unha nota informativa sobre os exames que se levarán a cabo o 30-31 de maio (REVÄLIDA).
Dende a ANPA queremos informarvos dun servizo ao que podedes acceder eses días aquelas familias que sodes membros da ANPA, posto que estamos federadas na FAPA.
Aquí vos deixamos o enlace con toda a info. Ante calquera dúbida podedes falar con nós ou ben contactar coa FAPA ou con ACOUGO (centro que oferta a actividade).
http://acougo.com/reservas/

Prezos para socios de ANPA federada a Fapaourense. 5€/día.
Non socios: 6€/día (no prezo incluese o transporte e campamento, por día)
Todolos asistentes poderán levar o seu xantar. Os que no o leven, terán que solicitalo (no apartado “mensaxe”, a esquerda desde texto), o prezo son 2€ e inclue: 2 bocadillos, unha peza de froita e un auga.
Os usuarios dos comedores gestionados por Fapaourense (CEIPs, Amadeo Rodriguez Barroso, As Mercedes, Practicas(Anexa), Curros Enriquez, Vistahermosa, Inmaculada e Irmans Villar) non terán que pagar o xantar, a empresa de catering Antonio Gallego Cid, S.L., servirallo no noso centro de ocio e será o mesmo que o dos demais nenos/as.
Na inscripción(esquerda deste texto) terán que reflexar o Centro de Ensino ó que pertenece o neno/a (no apartado “mensaxe”).
Aberá autobuses con acompañante/monitor/a e os horarios son: saida de 9:00h a 9:30h (segun percorrido) e entrega de 16:00h a 16:30h (segun percorrido).Os lugares de saida e entrega de ditos autobuses, dependerá do numero de solicitudes, según xerografía dos Centros de ensino, e publicarase nesta WEB e no Facebook de Fapaourense o luns día 29/5  horas despoís do peche das inscricions.
O pagamento será por anticipado CTA. Abanca, Beneficiario:Centro Acougo. CTA.ES91 2080 0475 5330 4000 7667.Enviar comprobante a info@acougo.com, onde apareza o nome escrito do neno/a.
IMPORTANTE: Deberase cubrir a autorización da conciliacion do 30 e 31 de maio de 2017, que esta xunto as outras autorizacións do Centro Acougo, que cada neno/a debe entregar antes de entrar no autobús.

Derradeiro día para rexistrarse o 29/05/2017 ata as 12:00 am.

 
 
 ESQUIOU 2016
 
Actividade dirixida a nenas e nenos de 9 a 12 anos.
Duración: 2 noites - tres días (de luns a mércores)
Inscrición: http://www.depourense.es/index.php/es/programa-esquiou-2016
Prazo máximo da inscrición: 3 dóas antes do inicio da quenda, ( a selección de participantes farase por rigurosa orde de inscirición)
Prezo: 29€
Inclúe:
Estancia en pensión completa ( con menús adaptados as diferentes necesidades das participantes)
Uso da piscina cuberta e climatizada
Curso de iniciación ao esquí
Xestión e contratación do transporte
Seguro de Viaxe
Monitoras/es
Ante calquera dúbida podedes escribir a esquiou@depourense.es e no enlace http://www.depourense.es/index.php/es/programa-esquiou-2016 consultar o probrama completo.
 
 
CONVENIO OLLO PIOLLO
FAPA Ourense ven de firmar un convenio de colaboración coa empresa OLLOPIOLLO, especializada no tratamento da pediculosis. Adxuntamos cartaz informativo e un pequeno resumo das condicións.

OLLO PIOLLO comprométese a facer un descontó do 12% con respecto ás súas tarifas habituais quedando os prezos como siguen:

Pelo curto:35.20€ - Media melena: 44€  - Melena longa:52.80

A primeira consulta é gratuita.

Realizarán un desconto do 15%  a partir do segundo membro.

Tódalas familias que queiran beneficiarse destes descontos, deberán de solicitar un xustificante á ANPA.

CURSOS ON LINE CEAPA

No seguinte enlace https://www.ceapa.es/formacion/cursos-online [1] podedes acceder a formación online que se oferta dende a plataforma de CEAPA.

DISTRIBUCIÓN DE LOTES DE MATERIAL ESCOLAR

A obra Social da Fundación La Caixa puxo a disposición de CONFAPA - Galicia, lotes de material escolar para distribuír entre as ANPA´s federadas.

Este ano cursamos a solicitude para ser beneficiarias deste programa, e no mes de novembro recibimos tres lotes de material esolar, dous para educación infantil e un para educación primaria. Estes lotes distribúense entre todas as ANPA´s federadas e en función do número de alumnas/os.

Dende a Anpa do CEIP Saco e Arce fixemos entrega a dirección do centro para que empregaran os lotes recibidos como material de aula.

 

SERVIZO DE GARDERÍA

 

O servizo de gardería funcionará a partir das 7:30 da mañá.

Distribuir contido


by Dr. Radut