ORIENTACIONS PARA LER EN FAMILIA
Para ler co voso fillo ou filla:
• Apagade a tele ou a radio, para non distraervos.
• Que non resulte unha obrigación e que sexa un rato divertido.
• Si os vosos fillos aínda non saben ler, podedes mirar con eles as imaxes dun libro ou lerlles algunha historia.
• Preguntádelle ao mestre/a dos vosos fillos ou á encargada da biblioteca qué lecturas son máis apropiadas e cómo tendes que facelo.
• Despois da lectura, comentade o que lestes: personaxes, situación, etc. E relacionádeos coa vida diaria.
• Si non tendes tempo para sentarvos a ler cos vosos fillos, que vos lean algo mentres vos facedes outra cosa: planchar, cociñar, coser, arranxar un aparato e, si estades cansos, aproveitade mentres descansades no sofá.
• Cando o teu fillo ou a túa filla che lea o texto, procura:
- Que fale alto e claro.
- Que articule e vocalice ben.
- Explicarlle as palabras que non entende. Podes ter un diccionario a man.
- Que lea despacio, dando sentido as frases, sen deterse.
- Que use a entoación apropiada, con expresividade, evitando a monotonía, e que adecúe a voz e os xestos ao tipo de texto que sexa: poesía, descrición, diálogo etc.
• Por último, si un día, por calquera motivo, non podedes facer o voso rato de lectura, non vos desanimedes: volvede a intentalo ao día seguinte con máis ganas. Ánimo.
10 CON
SELLOS PARA AXUDAR A LER
1. Dar exemplo.
As persoas adultas somos un modelo de lectura para os nenos. Leamos diante deles, disfrutemos lendo.
2. Escoitar
Nas preguntas dos nenos está o camiño para seguir aprendendo. Esteamos pendentes das súas dúbidas.
3. Compartir
O pracer da lectura contaxiase lendo xuntos. Leamos contos, contemos contos.
4. Propoñer, non impoñer
É mellor suxerir que impoñer. Evitemos tratar a lectura como unha obrigación.
5. Acompañar.
O apoio da familia é necesario en todas as idades. Non os deixemos solos cando aparentemente saben ler.
6. Ser constantes
Todos os días hai que reservar un tempo para ler. Busquemos momentos relaxados, con boa disposición para a lectura.
7. Respectar
Os lectores teñen dereito a elixir. Esteamos pendentes dos seus gustos e de cómo evolucionan.
8. Pedir consello
A escola, as bibliotecas, as librerías e os seus especialistas serán excelentes aliados. Fagámoslles unha visita.
9. Estimular, alentar
Calquera situación pode proporcionarnos motivos para chegar aos libros. Deixemos sempre libros apetecibles ao alcance dos nenos.
10. Organizarse
A desorganización pode estar reñida coa lectura.
Axudémoslles a organizarse: o seu tempo, a súa biblioteca...
ANÍMATE A LER
DEZ PRINCIPIOS IMPRESCINDIBLES PARA SER UN BO LECTOR
1.Todos os días, resérvate un rato para ler
2.Busca calquera desculpa para que che lean e che conten contos
3.Fíxate ben en cómo len as persoas maiores
4.Non te quedes con ningunha dúbida
5.Pide consello: aos teus pais, aos teus profes, ao bibliotecario, ao libreiro...
6.Si che apetece ler, le. Non te distraias con outras cousas
7.Visita a librería e a biblioteca máis próximas
8.Organiza ben a túa biblioteca
9.Pensa que as túas amigas, os teus amigos, son os mellores compañeiros de lecturas
10.Aproveita calquera ocasión para ler