Os nenos e nenas de segundo xogamos coas sombras. A través deste xogo aprendemos os movementos relativos ao sol no ceo a medida que experimentamos coas sombras.
Ao longo dunha semana observamos onde se colocaba o sol ás 10, ás 12 e ás 15,30 horas . Observamos as nosas sombras en cada momento e aproveitamos para traballar co metro.
Cada vez que saiamos ao patio localizabamos a posición do sol e logo, por parellas, mediamos as sombras. Un membro do equipo finxía ser unha estatua, permanecendo sen moverse
na posición que elixira. O outro membro marcáballe a cabeza e os pés cun xiz no chan. Logo tocaba empregar o metro. Que difícil!
Aprendemos que o Sol actúa como un foco luminoso e que o noso corpo e os obxectos expostos ao Sol producen sombras. Tamén aprendemos que a lonxitude e a posición da sombra
cambiaba según a hora do día.
Como son as nosas sombras pola mañá?
O metro non nos chegaba a nada. Eran looongaaaas.
Que pasa coas nosas sombras ao mediodía?
Eran máis curtas e variaran a dirección.