Skip to Content

Somos PLAN PROXECTA

 

 

 

 

Biblioteca escolar

 

 

 

 

 

  

Participamos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

2º Curso

Nós queremos unha escola que debuxe sonrisos!!!


Botemos unhas risas...
 
Si é posíbel !
Que nos fai rir?
  • Candela: A min gústame que me fagan cóxegas. Río e ...trónchome!
  • Icía : Eu quero que me conten chistes. Encántame!
  • LÚA: Eu  boto unha risada con Candela, que conta chistes moi graciosos.
  • Julio: Ríome cando pasan cousas divertidas.
  • Ainhoa: Eu ríome moito co meu pai.
  • JOSE: Eu  ríome moito coas cousas graciosas .
  • SAÚL: A min fanme gracia os chistes e as cousas  do meu amigo  Julio.
  • Irene: A min faime sonrir os chistes da profe Marìa, je,je,je!
  • Lucía: A  min faime gracia  os chistes do meu tio Miguel! 
  • Sofía: O que máis gracia me fai é que o meu pai  faga a voltereta lateral: ja,ja,ja!
  • Iván: Que me fagan cóxegas! Gústame moito.
  • María: Pois eu río cando vos vexo contentos, cando  aprendedes, compartides, crecedes...e tamén cando despertades ó poeta que todos vós levades dentro! Bicos! Guiño
     
    Beso  http://historiasaula.blogspot.com.es/2013/05/xogamos.html

OS VERMES DE SEDA

Gif Gusano falda   HISTORIAS DA NOSA AULA

Andamos atarefados a observar, experimentar, rexistrar e medir os nosos vermes de seda cada día.

Os alumnos de 2º curso decidimos facer este  proxecto con vermes de seda para entender como se produce a transformación de verme á bolboreta.

Para que o entendades perfectamente aqui tedes as imaxes coas que podedes apreciar eses cambios...

OS VERMES DE SEDA QUE TEMOS NA CLASE SEGUEN CRECENDO, PERO A MODIÑO  E NON PARAN DE COMER!

Preme na imaxen e vai ao noso blogue de aula, no que atoparás as nosas pescudas...

OBRADOIRO DE POESÍA

Gif Arbol presumido

 

Entre tanta celebración e demais actividades , esquecéusenos

ensinarvos os nosos traballos do OBRADOIRO DE POESÍA  que

fixemos en conmemoración do Día Mundial da poesía.

 Adicámolo as ÁRBORES, xa que andamos a traballar o proxecto do medio ambiente, e pareceunos  que son un símbolo da vida e nós pensamos que cada folla dunha árbore representa unha historia fugaz...ahí van as nosas historias!!!!

 

Día da nai terra!

 

 

No mundo festéxase nesta data o Día mundial da nai Terra e neste día  NÓS fixemos diferentes actividades que nos van facer tomar conciencia do importante que é o noso fogar, do importante que é reciclar para coidar o planeta.

Nós xa nos estamos a comprometer facendo pequenas accións cotiás para contribuir  a reducir as agresións ambientais e manter o equilibrio ecolóxico: gastaremos menos auga, usaremos o papel polas dúas caras, reciclaremos os envases de plástico...!

QUEREMOS COIDAR O NOSO FOGAR!

 

MASCOTAS

Os nenos e nenas de primeiro estamos moi ledos porque temos con nós, uns animaliños aos que estamos a coidar cada día. Vámosvos dar unha pista para que adiviñedes de que se trata.

    SIN SALIR DE SU CASA POR TODOS LOS SITIOS PASA.  

    ¿Sabes xa de que falamos? 

    Por se non o tes moi claro aí vai a segunda pista.

    ¿QUIÉN ES ESTE QUE SE ARRIMA TRAYENDO SU CASA ENCIMA?

 

 

 

 

 

 

 

   

Homenaxe á palabra e a natureza!

Gif ClipHomenaxe á palabra e a natureza!

 

Celebramos o día da árbore cunha conferencia sobre a importancia de ·mimar· a natureza.

Pepe Santos Otero, é un axente forestal que case todos os anos visita o noso cole, para concienzarnos da necesidade de que todos nos impliquemos no coidado dos bosques.

 

 

Preme na imaxe para acceder ao blogue de aula

RECICLANDO NA ESCOLA

 

NÓS ENTENDEMOS BEN A IMPORTANCIA DAS PALABRAS REUTILIZAR, REDUCIR E RECICLAR PARA O COIDADO DO NOSO CONTORNO. 

NÓS IMOS CONTRIBUIR CON PEQUENAS ACCIÓNS COMO SON: REUTILIZAR OBXECTOS USADOS , REDUCIR A CANTIDADE DE LIXO QUE PRODUCIMOS E RECICLAR OS MATERIAIS XA USADOS!!

ESTAS IMAXES SON ALGHÚNS DOS TRABALLOS DE RECICLAXE QUE ANDAMOS A FACER :

PREME NA IMAXE PARA MÁIS INFORMACIÓN

Descubrindo a Picasso


O día 8 de abril fixo 40 anos do falecemento do xenial artista PABLO PICASSO. 
 NÓS DECIDIMOS FACERLLE UNHA PEQUERRECHIÑA HOMENAXE ,TRATANDO DE COÑECER ALGUNHAS DAS SÚAS OBRAS,E TAMÉN QUIXEMOS PLASMAR EN IMAXES, FIGURAS E CORES AS NOSAS IMPRESIÓNS...PENSADE QUE O PRIMEIRO QUE DIXO PICASSO CANDO ESCOMENZOU A FALAR FOI "¡PIZ!, ¡PIZ!" , E SEGÚN A SÚA NAI, MARÍA, INTENTABA PEDIR UN LÁPIS PARA ESBORRANCHAR OS PAPEIS...
¡ XA APUNTABA MANEIRAS NAQUEL ENTÓN ! ...
E VAIA SI CREOU MAGNÍFICAS OBRAS!!! 
PICASSO DEBUXA, PINTA E MODELA. É UN ARTISTA TOTAL.
GÚSTALLE REPRESENTAR AS PERSOAS E OS LUGARES QUE COÑECE.
POIS A NÓS GUSTOUNOS MOITO COÑECELO !
 
DIXO UNHA VEZ :"CADA NENO É UN ARTISTA. O PROBLEMA É CÓMO SEGUIR SENDO UN ARTISTA UNHA VEZ QUE CRECEMOS"

 

 

Collage de fotos da actividade

Kandinsky e as cores das árbores

 

Vasili Kandinsky,  pintor ruso do S. XX, inspirounos para facer estas composicións tomando como tema central A árbore.

As obras de Kandinsky caracterízanse pola riqueza de cores e o uso de formas simples tales como círculos, cadrados, triángulos...

 

Esta é a nosa exposición artística con motivo do día da árbore:    

 

 KANDINSKY'S TREES

 
Sofía  Julio  Ainhoa Saúl
   
 José Vidal  Irene  Lúa  Lucía

 

PREME NA IMAXE PARA IR AO BLOGUE DE AULA de 2º 

Distribuir contido


by Dr. Radut