Skip to Content

Somos PLAN PROXECTA

 

 

 

 

Biblioteca escolar

 

 

 

 

 

  

Participamos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ESCOLARIZACIÓN 2016/17

Día do libro

Queredes saber como imos a conmemorar o día do libro? Tomade nota, estas son as actividades que desenvolveremos durante este mes.

Días distintos-> Celebrando o día do Libro

Edicións de mini-libros -  -

Rosalía 2016

ROSALÍA SEMPRE

 BLOGUESQUÍO

O Día de Rosalía é unha data de imprescindíbel celebración, pois foi a primeira en dar o paso definitivo empregando e defendendo o noso idioma co seu "Cantares gallegos". NÓS CELEBRAMOS VARIOS ACTOS E  ASÍ OS VIVIMOS..

 

http://bloguesquio.blogspot.com.es/2016/02/rosalia-sempre.html

ESCOLARIZACIÓN 2016/17


Dende o Colexio CEIP “Saco e Arce” de Toén queremos INVITARVOS á

XORNADA DE PORTA ABERTAS

O vindeiro 25 de febreiro do 2016 faremos un día  de xornadas abertas co fin de presentar a nosa escola para a nova matriculación 2016/17.

TODAS AS FAMILIAS INTERESADAS PODERÁN ASISTIR

Horario: 10:45  ás 12:15


 

Orde de Escolarización

Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG)Anexo I: Reserva de PrazaAnexo II: Formularios de Admisión e Matrícula

 


ENTROIDO 2016

MANDADIÑOS

No mundo dos Cómics imos entrar e con Efrén moito imos troulear

 

Mandadiños de EfrénGifs Animados Carnaval (22)Xoves Comadres /Compadres

 

Gifs Animados Carnaval (13)

ENTROIDO 2016:"ENTRE VIÑETAS"

ENLACE AO BLOGUE ESQUÍO DA BIBLIOTECA
(Venres de Entroido)

 

 

Nadal 2015

Este Nadal quixemos renderlle homenaxe ao Apalpador, personaxe tradicional do Nadal galego que pasaba o ano facendo carbón e entre o 24 e o 31 de decembro deixaba castañas e algún agasallo feito por el aos nenos e nenas galegas.

Participamos na actividade colectiva: Bailamos co Apalpador? Gravando esta coreografía na que participamos tod@s. Para ler máis navega pola web ->sección música 

Magosto 2015

Día das bibliotecas escolares

 O día 24 de outubro celébrase o día das bibliotecas.

Alumnos e alumnas do colexio festexámolo cun día de antelación.

Durante a semana participamos activamente nas actividades programadas para conmemorar esta celebración.

->Lecturas compartidas

->Inventamos cancións: os de 4º rapeáronlle a biblio e os de 5º e 6º compuxeron GÚSTANOS LER

-> Decoramos e intercambiamos tarxetas

-> Fixemos un fotocall, fotos divertidas con mensaxes de agarimo cara a nosa biblioteca. 

 Para ler máis visita Bloguesquío e a sección Días Distintos da web

 

 

 

Chincha Rabincha

Teatro infantil "Chincha Rabincha"

VER NO BLOGUESQUÍO

O xoves 1 de outubro, na BIBLIOTECA da nosa escola , disfrutamos do teatro cos títeres de "A Xanela do Maxín"
Compartiron connosco historias e aventuras e regaláronnos momentos inesquecibles.
Tod@s disfrutamos có espectáculo "Chincha Rabincha" que nos ensinou o truco para rematar cos pesadelos que atormentan aos nenos e nenas polas noites.

 

Grazas ao Concello de Toén pola súa colaboración.


 

O noso primeiro día de cole

Click to play this Smilebox slideshowescuela-y-colegio-imagen-animada-0074

 CURSO 2015/16

 


 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut