FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024/2025

 

Desde o martes 21 DE MAIO ata o venres 21 DE XUÑO está aberto o prazo para a participación no fondo solidario de libros de texto e a solicitude de axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado de Educación Primaria e ESO para o próximo curso 2024/2025. 

 

QUE LEXISLACIÓN REXE O PROCEDEMENTO?

   - Orde do 7 de maio de 2024.

 

QUEN SON OS BENEFICIARIOS?

Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a continuación:

  • Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria (EP). O alumnado matriculado no noso centro en 5º e 6º de EP que participa no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2024/2025 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, así como as establecidas nas disposicións adicionais primeira e segunda, se reunen os requisitos establecidos na ORDE do 7 de maio de 2024.

 

  • Axudas para adquirir libros de texto destinados ao alumnado de 1º e 2º de EP, e en Educación Especial (EE), así como axudas que pode recibir o alumnado incluído nas disposicións adicionais primeira e segunda da orde do 7 de maio de 2024.

 

  • Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en Educación Primaria e ESO.

 

COMO PRESENTAR A SOLICITUDE?

As solicitudes poderán ser presentadas dos seguintes xeitos antes do 21 de xuño, día no que remata o prazo:

  • Electrónica: a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, accedendo ao procedemento ED330B, que enlazará coa aplicación Fondolibros. Unha vez gardada, poderá gardala e obter o número de solicitude.

IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual par cada un dos seus fillxs.

NECESITARÁ ter: conta de Chave365 ou ter instalado certificado dixital ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma.

 

  • Presencialmente no centro de xeito manual: cubra os Anexos I e II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo, acompañada da copia do libro de familia e resto de documentación.

 

QUE DOCUMENTACIÓN DEBO PRESENTAR?

1. Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar ED330B (Anexo I).

 2. Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar (Anexo II).

 3. Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar. Soamente, en caso de cambio na unidade familiar.

 4. En caso de separación ou divorcio, ademais, deberán aportar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

 

NOTA: O alumnado de 6º de Primaria que pase de curso deberá facer a solicitude ou ben no Instituto ou ben no noso centro educativo. Encargarémonos de trasladar dita solicitude ao IES Daviña Rey (instituto adscrito).

 

RESUMO DO FONDE E DAS AXUDAS