SEMANA DA PRENSA 2024

Entre o 4 e o 8 de marzo estivemos a conmemorar a semana da prensa, unha conmemoración de gran importancia debido a relevancia dos medios de comunicación no noso día a día.

 

Grazas ao xornal, a radio, a televisión, etc enterámonos do que sucede ao noso arredor, pero... toda a información que nos achegan os medios de comunicación é verídica?

Aínda que hoxe en día acceder ás noticias dun xeito globalizado é moi doado grazas a Internet, tamén vivimos nunha época de desinformación, é dicir, información falsa difundida deliberadamente co fin de enganar a xente mediante bulos, falacias, manipulación de titulares, noticias sesgadas...

Este é un problema ao que o noso alumnado se terá que enfrontar no seu futuro, xa que na era dixital na que vivimos é moito máis fácil manipular a información.

Por este motivo, consideramos que é moi importante traballar o pensamento crítico do noso alumnado.

Para conseguir esto, ideamos a realización dun xornal do noso cole con diversas noticias. Clica aquí para poder lelo.

 

Agora é o voso turno! Debedes adiviñar se son verdadeiras ou se quixemos contar algunha fake news.

 

 

Ademais, o alumnado de 5º e 6º foi o encargado de decorar o Taboleiro das conmemoracións. Neste caso, realizaron un mural con titulares positivos extraídos de diversos xornais. Toda a semana estiveron a traballar ca prensa na aula.