ANIVERSARIO DO PASAMENTO DE JOHN LENNON

Este gran músico e compositor naceu en Liverpool ( Inglaterra ) no ano 1940.


A súa fama mundial débese a que foi un dos fundadores de The Beatles e xunto a Paul McCartney formou unha das parellas de compositores máis exitosas e influíntes do século xx.


Figura polémica polas súas accións activistas en prol da paz xunto á súa muller Yoko Ono, foi asasinado en 1980. En 2010 celebrouse o 30 aniversario do seu pasamento. 


" IMAGINE " (1971) é sen dúbida o seu traballo en solitario máis coñecido.