250 ANIVERSARIO DO PASAMENTO DE HAENDEL

HAENDEL,GEORG FRIEDRICH, músico inglés de orixe alemá, foi un grandísimo compositor do que seguramente coñeceredes unha das súas máis famosas obras " O MESÍAS".

Como curiosidade, sabede que foi un home gran comedor e bebedor. Nunha ocasión, invitou a un amigo a un sinxelo xantar na súa casa.Nun momento, ausentouse da mesa, e como tardaba tanto, Joseph Goupy, que era o seu convidado,foi a buscalo. Atopouno noutro cuarto ocupado con mellor comida e bebida..

Os dous amigos acabaron pelexados cando Joseph lle fixo varias caricaturas nas que o calificaba de " armonioso verraco "..

 

No ano 2009, celébrouse o 250 aniversario do seu pasamento.