Magosto-Samaín
CHEGOU O SAMAÍN!!!
Boas!
Aquí estámos os membros do Equipo de Dinamización da Lingua Galega para dar o noso saúdo e deixarvos o Recinova que creamos para o Samaín. Esperamos que vos guste!
SAMAÍN 2021
- Lectura de contos de medo.
- Pasaxe do terror.
- Concurso e exposición de cabazas. (Decoraranse nas aulas pero o alumnado tamén as pode traer decoradas da casa para a exposición).
- Alumnado disfrazado o venres 29 de outubro.
E ASÍ PASAMOS O SAMAÍN!!
Bo día familias!
Queremos deixar constancia do que puidemos facer este ano para celebrar o Samaín.
O primeiro que nos atopamos en canto chegamos ao cole foi a decoración da fachada! Estaba monstruosamente perfecta! Encargouse a ANPA, foron tan considerados que tamén nos deixaron unha sorpresiña polo interior do cole...
En 2º EP tamén deixaron "de medo" a aula. Ver vídeo.
O Equipo da Biblioteca, co que colaborou o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, organizou unha actividade libre de COVID! Consistía en que os grupos a partir de 4º de educación primaria prepararon uns videocontos para os máis pequenos do cole. Pasárono pipa tanto uns facéndoo coma os peques véndoos! A continuación podedes velos e gozar con eles.
Por último deixámosvos o Recinova de Samaín. Este ano o Equipo de Dinamización da Lingua Galega quíxose adaptar aos novos tempos e á situación na que vivimos, polo que despois de moito pensar decidiron cambiarlle o formato. Esperamos que vos guste!
P.D.: Non vos esquezades de que aínda queda a resolución do concurso de cabazas!
CONCURSO DE CABAZAS
Dende o equipo de actividades complementarias e extraescolares queremos invitarvos a participar no concurso de cabazas que se levará a cabo entre o 26 de outubro e o 1 de novembro. Tedes que crear a vosa cabaza na casa, tentade ser o máis creativos posible. Unha vez feita, enviade unha foto vosa con ela ao seguinte enderezo electrónico: eacerecimil@gmail.com indicando nome e curso.
O MAGOSTO
O xoves 24 de outubro foi o Magosto. Celebrámolo no pavillón. Os de 6º repartiron as castañas.
Estaban boísimas!!!!
Despois das castañas saímos ao patio.
Pasámolo ♥ XENIAL ♥
Estas son imaxes do Magosto:
Alicia (6ºA), Seyni e Lía (5ºA)
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »