Skip to Content

Magosto-Samaín

O MAGOSTO

Sabedes que? O pasado xoves día 25 de outubro fixemos unha festa no cole: O Magosto! Cada alumno e alumna trouxemos castañas para asar, había moitísimas pero comémolas todas. Todos e  todas estabamos moi contentos, bailando, cantando e xogando cos nosos amigos/as.  E ademais algúns nenos tocaron o caixón co profe de música, que se chama Fran.   

Adrián, Cristian, Nazaret (5°A)

CELEBRAMOS O MAGOSTO!

25 de outubro de 2018 - Álbum na galería: Magosto18

Enlace á páxina creada por alumnado de 5ºA

ENTREGA PREMIOS CONCURSO DEBUXOS E CONTOS DE MEDO - 2017

Coincidindo co último día de clase do primeiro trimestre, e despois da emocionante visita dos Reis Magos, reunímonos todo o alumnado e profesorado no ximnasio para facer entrega dos premios do "CONCURSO DE DEBUXOS E CONTOS DE MEDO", convocado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Os nenos e nenas gañadores en cada unha das categorías recibiron un agasallo e un diploma.

PARABÉNS!

Premer na imaxe para ver as fotos deste acto.

Tamén lembramos que as imaxes dos debuxos e contos de medo atópanse no álbum da galería: Contos-debuxos medo.

SAMAÍN E MAGOSTO 2017

Estas foron as actividades realizadas, ao longo da semana do 6 ao 10 de novembro, a proposta dos equipos docentes de Dinamización da Lingua Galega e Actividades Extraescolares:

-Unha nova edición do Recinova sobre a Santa Compaña.

-Concurso de contos e debuxos de medo, expostos no corredor de acceso á biblioteca.

-Concurso e exposición de cabazas.

E como remate da semana, o venres 10 de novembro:

-Entrega de premios do concurso de cabazas.

-Degustación de castañas asadas no ximnasio.

-Música en directo a cargo do noso profe Fran, acompañado por dous alumnos de 4ºA.

Ver imaxes na categoría: Actividades Complementarias.

(Álbums: Samaín expo-cabazas - Contos-debuxos medo - Magosto)

Por outra banda o equipo TIC  encargouse de actualizar a sección SAMAÍN - MAGOSTO (incluída dentro do curso CEIP Recimil da aula virtual), coa inclusión de novos recursos, algúns deles elaborados polo profesorado deste equipo docente.

ENTREGA PREMIOS CONCURSOS SAMAÍN 2016

O venres 18 de novembro fixemos entrega dos agasallos aos gañadores dos concursos de contos de medo e de cabazas. Os nenos/as estabamos moi inquedos/as, unha entrega de premios sempre nos emociona. 

Alumnado gañador no concurso "Contos de medo":

Educación Infantil

Educación Primaria

Segundos premios Primeiros premios

4º: Tristán.

5ºB: Avril.

6ºB: Adrián.

2ºB: Emma.

4ºA: Rita.

6ºA: Marina

2ºA: Antón.

4ºB: Andrea.

6ºB: Alejandra.

Parabéns aos gañadores.

 

 

E estas foron as aulas premiadas no concurso de "cabazas":

B EI  coa cabaza "bombeiro", 1º A EP coa cabaza do "Monstro das galletas", B EP coa cabaza "Gatiños" e en último lugar, pero non por iso menos importante, 5ºB EP cun conxunto de cabazas da "Mestra cos seus alumnos/as"

Ademais visionamos un vídeo de Samaín de "Brinca Vai" que nos gustou moito, rimos un montón. Se queres volver a velo pincha aquí

 

MAGOSTO E CONCURSO DE CABAZAS - 2016

O venres 11 de novembro celebramos o Magosto.

Os nenos fixemos os cornetes de papel de xornal e comemos castañas no patio.

Os compañeiros de 6º curso encargáronse de repartirnos as castañas. Mmmm!! Que ricas!! Saborosas e quentiñas!!

 

Para conmemorar o Samaín houbo concurso de cabazas e tamén unha exposición, que quedou moi bonita!

As cabazas gañadoras de 2016 son:

Educación Infantil: 6º B.

Educación Primaria: 1º A, 3º B e 5º B.

DEBUXOS E CONTOS DE MEDO - 2016

     Durante as últimas semanas de outubro, con motivo do Samaín, o alumnado de Educación Infantil e Primaria do noso cole deu renda solta á súa creatividade elaborando uns aterradores contos e debuxos baseados na figura do lobishome. Non foi doado escoller os gañadores e gañadoras das diferentes categorías, mais xa podemos desfrutar das súas creacións (xunto coas do resto de participantes) na exposición situada no corredor da planta baixa.

     Non deixedes de visitala! (Tamén podedes ver as fotos na galería, premendo na imaxe superior.)

     E non vos preocupedes se non vos da tempo, xa que proximamente os relatos seleccionados estarán dispoñibles na biblioteca para lelos con máis tranquilidade.

VÍDEOS DEBUXOS E CONTOS DE MEDO 2015

DEBUXOS DE MEDO CONTOS DE MEDO

MAGOSTO E SAMAÍN 2015

O xoves 29 de outubro, o alumnado e profesorado do centro, celebramos o Magosto. Comemos castañas asadas todos xuntos no patio, aproveitando un día sen choiva.

Os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º amenizaron a celebración cantando cancións tradicionais galegas coa temática da festa.

Así mesmo, durante a última semana de outubro, púidose visitar a tradicional exposición  de cabazas, onde estaban expostas as gañadoras do concurso que todos os anos facemos polo Samaín.

Un ano máis, e en colaboración co CEP  de Ventín, levamos a cabo o Concurso de Contos e Debuxos de Medo, expostos todos eles no corredor da Biblioteca.

Fotos do Magosto
Fotos do Samaín

 

BLOG EDLG

Publicados no blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega os contos e as imaxes dos gañadores e gañadoras do VII Concurso de Contos de Medo.

Acceder ao blog

Distribuir contido


by Dr. Radut