Bo día:
Informar que por rotura de stock a empresa adxudicataria do servizo de comedor vese obrigada a facer un intercambio no menú, sendo este o seguinte:
- A tortilla de atún do día 23 cámbiase para o luns 27
- O xoves 23 servirase pescada ao forno.
Bo día:
Informar que por rotura de stock a empresa adxudicataria do servizo de comedor vese obrigada a facer un intercambio no menú, sendo este o seguinte:
A semana pasada foi a SEMANA DA PRENSA e con este motivo, ademais de traballar coa prensa nos seus diferentes formatos en cada unha das titorías, todo o noso alumnado participou na elaboración dunha "Noticia Loca". Cada unha das titorías elaborou unha das partes da noticia. Aquí vos deixamos o resultado. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!
BO DÍA, DENDE A DIRECCIÓN DO CENTRO COMUNICAMOS QUE FORON ADMITIDAS TODAS AS SOLICITUDES DE RESERVA DE PRAZA FEITAS DENDE O CENTRO AOS INSTITUTOS SOFÍA CASANOVA E CONCEPCIÓN ARENAL POLO QUE CANDO ABRA O PRAZO PODERÁN FORMALIZAR A MATRÍCULA. OS SOBRES COA DOCUMENTACIÓN SERÁN ENTREGADOS AO ALUMNADO EN CANTO OS FACILITEN DENDE OS INSTITUTOS, A PARTIR DO 23 DE XUÑO.
Para conmemorar o 23 de febreiro, Día de Rosalia de Castro, os nosos alumnos e alumnas recitaron algúns dos poemas da autora. No seguinte video tedes unha mostra do traballo que realizaron.
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co Equipo de Biblioteca queremos compartir convosco un xogo interactivo sobre Rosalia de Castro, feito por unhos profes especialmente para celebrar este día. Esperamos que vos guste.
Bo día, comunicamos que co gallo da festividade do Entroido mañá venres sairemos do cole ás 12:00 polo portalón traseiro facendo un pasarrúas todos disfrazados. Iremos cara ao mercado hacia a praza de Sevilla e de alí á praza de España onde as familias terán a oportunidade de facer todas as fotos que queiran. A volta de vacacións será o xoves día 23. Boa festa!!
O ENTROIDO XA CHEGOU!
Ao longo desta semana celebraremos o entroido. E o Equipo de Dinamización da Lingua Galega elaborou a seguinte presentación para saber un pouco máis sobre o ENTROIDO GALEGO.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |