Skip to Content

Actualidade

VALES MATERIAL 25 €

Informamos que seguindo instruccións de Consellería xa temos preparados no centro os vales de 25 € correspondentes á ampliación da axuda para material para aquelas familias que xa tiveran concedido o anterior.

 Poderán recollerse mañá día 19, pasado día 20 ou o venres día 21 na secretaría do colexio en horario de 9:00 a 12:00. 

Os vales van acompañados dunha lista de material confeccionada polas titoras. 

 

PLAN DIXITAL ÁNXELA RUÍZ ROBLES

MENÚS OUTUBRO

O GALEGO OU GALEGA DO MES

 

Este curso o Equipo de DLG imos comezar unha nova iniciativa que se chama "O galego ou galega do mes" para fomentar o uso do galego entre o noso alumnado e toda a comunidade educativa. Achegamos un Genially con toda a información sobre esta iniciativa e, por suposto, co primeiro reto do mes do outubro.

COMEZO DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2022-23

TODAS AQUELAS FAMILIAS QUE QUEIRAN QUE OS SEUS FILLOS PARTICIPEN EN ALGUNHA ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR NO COLEXIO DEBERÁ CUBRIR O MODELO QUE SE ADXUNTA E ENTREGALO Á SÚA TITORA.

OS MODELOS DE INSCRIPCIÓN PODERÁN DESCARGARSE DESTA PÁXINA OU RECOLLERSE NA CONSERXERÍA DO CENTRO.

O horario será de 16:00 a 17:30 horas.

MENÚS SETEMBRO 2022

INFORMACIÓN INICIO DE CURSO

CHEGA SETEMBRO E VOLTAMOS Á ESCOLA !!!!!!

 

O VINDEIRO DÍA 8 DE SETEMBRO COMEZA O CURSO ESCOLAR

TODO O ALUMNADO ENTRARÁ AO CENTRO POLAS PORTAS DIANTEIRAS:

        -EDUCACIÓN INFANTIL,1º 2º E 3º POLAS PORTAS DA ESQUERDA,

        -4º, 5º E 6º DE PRIMARIA POLAS PORTAS DA DEREITA

.O HORARIO SERÁ O HABITUAL: 

        - DE 9:00 A 14:00 HORAS.

 

 COMEDOR ESCOLAR:

  • Comezará o día 8 de setembro e o alumnado deberá estar  apuntado no aplicativo Colechef con 48h de antelación (de luns a venres).
  • Importe
    Almorzo 1,84 €
    Xantar 3,59 €
  • O servizo de comedor terá as seguintes quendas:

    1. Servizo de almorzo de 7:30 a 9:00h. (o alumnado ten de horario límite para entrar ás 8:30)
    2. Servizo de xantar de 14:00 a 16:00h.

 

 

Os pais e nais que o precisen poderán entrar ao centro a partir das 9:10 para asuntos administrativos.

 

REUNIÓNS INICIO DE CURSO TITORAS CON PAIS/NAIS DO ALUMNADO

 

MARTES 6 DE SETEMBRO

10:00      1º DE PRIMARIA

11:00      2º DE PRIMARIA

12:00      3º DE PRIMARIA

 

MÉRCORES 7 DE SETEMBRO

10:00      4º DE PRIMARIA

11:00      5º DE PRIMARIA

12:00      6º DE PRIMARIA

13:00      EDUCACIÓN INFANTIL

 

Nestas reunións trataranse temas como :

Horarios 

Material escolar 

Libros ou ordenadores de préstamo

etc

Esperamos a vosa participación.

VALES DE FONDOLIBROS E MATERIAL ESCOLAR

DENDE A DIRECCIÓN DO CENTRO INFORMAMOS QUE FORON ADMITIDAS TODAS AS SOLICITUDES PRESENTADAS.

A retirada de cheques poderá facerse dende hoxe e ata o día 15 de xullo na secretaría do centro en horario de 10:00 a 13:00.

Os vales que non se retiren en xullo poderán recollerse a pertir do 1 de setembro.

FIN DE CURSO 2021/2022

Distribuir contido


by Dr. Radut