Secretaría
ADMISIÓN ALUMNADO IES CURSO 23-24
BO DÍA, DENDE A DIRECCIÓN DO CENTRO COMUNICAMOS QUE FORON ADMITIDAS TODAS AS SOLICITUDES DE RESERVA DE PRAZA FEITAS DENDE O CENTRO AOS INSTITUTOS SOFÍA CASANOVA E CONCEPCIÓN ARENAL POLO QUE CANDO ABRA O PRAZO PODERÁN FORMALIZAR A MATRÍCULA. OS SOBRES COA DOCUMENTACIÓN SERÁN ENTREGADOS AO ALUMNADO EN CANTO OS FACILITEN DENDE OS INSTITUTOS, A PARTIR DO 23 DE XUÑO.
SOLICITUDE RESERVA DE PLAZA NOS IES SOFÍA CASANOVA E CONCEPCIÓN ARENAL
O alumnado de 6º de Educación Primaria que desexe cursar 1º da ESO nos IES Sofía Casanova ou Concepción Arenal (centros aos que estamos adscritos) no vindeiro curso 2023/2024, deberá efectuar a reserva de praza entre o 16 de xaneiro e o 6 de febreiro.
Para iso deberán entregar o impreso Anexo I que se lles proporcionará no centro, debidamente cumprimentado, na secretaría do CEIP ÁNGELA RUIZ ROBLES dentro do prazo antes indicado.
VALES MATERIAL 25 €
Informamos que seguindo instruccións de Consellería xa temos preparados no centro os vales de 25 € correspondentes á ampliación da axuda para material para aquelas familias que xa tiveran concedido o anterior.
Poderán recollerse mañá día 19, pasado día 20 ou o venres día 21 na secretaría do colexio en horario de 9:00 a 12:00.
Os vales van acompañados dunha lista de material confeccionada polas titoras.
INFORMACIÓN INICIO DE CURSO
CHEGA SETEMBRO E VOLTAMOS Á ESCOLA !!!!!!
O VINDEIRO DÍA 8 DE SETEMBRO COMEZA O CURSO ESCOLAR
TODO O ALUMNADO ENTRARÁ AO CENTRO POLAS PORTAS DIANTEIRAS:
-EDUCACIÓN INFANTIL,1º 2º E 3º POLAS PORTAS DA ESQUERDA,
-4º, 5º E 6º DE PRIMARIA POLAS PORTAS DA DEREITA
.O HORARIO SERÁ O HABITUAL:
- DE 9:00 A 14:00 HORAS.
COMEDOR ESCOLAR:
- Comezará o día 8 de setembro e o alumnado deberá estar apuntado no aplicativo Colechef con 48h de antelación (de luns a venres).
- Importe
Almorzo 1,84 €
Xantar 3,59 € -
O servizo de comedor terá as seguintes quendas:
- Servizo de almorzo de 7:30 a 9:00h. (o alumnado ten de horario límite para entrar ás 8:30)
- Servizo de xantar de 14:00 a 16:00h.
Os pais e nais que o precisen poderán entrar ao centro a partir das 9:10 para asuntos administrativos.
REUNIÓNS INICIO DE CURSO TITORAS CON PAIS/NAIS DO ALUMNADO
MARTES 6 DE SETEMBRO
10:00 1º DE PRIMARIA
11:00 2º DE PRIMARIA
12:00 3º DE PRIMARIA
MÉRCORES 7 DE SETEMBRO
10:00 4º DE PRIMARIA
11:00 5º DE PRIMARIA
12:00 6º DE PRIMARIA
13:00 EDUCACIÓN INFANTIL
Nestas reunións trataranse temas como :
Horarios
Material escolar
Libros ou ordenadores de préstamo
etc
Esperamos a vosa participación.
CAMBIO NOME DO CENTRO
Publicación no DOG do 24 de maio de 2022 a autorización do cambio de nome do centro:
Nova denominación:
CEIP Plurilingüe Ángela Ruiz Robles
LUNS, 16 DE MAIO - DÍA NON LECTIVO
O luns, 16 de maio, non hai clase por ser un dos días non lectivos solicitados polo centro.
Voltamos o mércores, 18 de maio.
Boa longa fin de semana a toda a comunidade educativa do CEIP Recimil!