Secretaría

Incidencia Covid xoves, 11 de febreiro

Dende a dirección do CEIP Recimil informamos dun novo incidente Covid no noso centro. Dadas as características deste aviso e seguindo instrucións do Centro de Seguimento de Covid establécese que non é necesario o confinamento de ningún membro da nosa comunidade agás da persoa afectada. De haber modificacións, estas serán comunicadas inmediatamente.

AVISO INCIDENCIA COVID

Dende a dirección do CEIP Recimil informamos dun novo incidente Covid  no noso centro, vinculado familiarmente co último aviso . Dadas as características desta incidencia e seguindo instrucións do Centro de Seguimento de Covid establécese que non é necesario o confinamento de ningún membro da nosa comunidade agás da persoa afectada, que non asistía ao colexio dende o pasado 4 de decembro. De haber modificacións, estas serán comunicadas inmediatamente.

BOLETÍNS CUALIFICACIÓNS 1º TRIMESTRE

Informamos que seguindo o protocolo covid este 1º trimestre os boletíns de notas do alumnado chegarán ás familias a través da plataforma ABALAR.

Evitaremos así o intercambio de documentos en formato papel.

Aquelas familias que non dispoñan de ABALAR  poderán facilitar un correo electrónico alternativo chamando ao centro no teléfono 881930310 en horario de 10:00 a 13:00 h.

AVISO INCIDENCIA COVID NO CEIP RECIMIL

 

Dende a dirección do CEIP Recimil informamos dun novo incidente Covid no noso centro. Dadas as características deste aviso e seguindo instrucións do Centro de Seguimento de Covid establécese que non é necesario o confinamento de ningún membro da nosa comunidade agás da persoa afectada. De haber modificacións, estas serán comunicadas inmediatamente.

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS PARA ALUMNADO DE PRIMARIA

Informamos que a recollida de máscaras polas familias beneficiarias segundo a orde do 6 de novembro de 2020 será na secretaría do centro de 09:30 a 13:00 h no seguinte horario:

1º e 2º de Ed. Primaria: 26 de novembro 

3º e 4º de Ed. Primaria: 27 de novembro

5º e 6º de Ed. Primaria: 30 de novembro

 

Aquelas persoas que non poidan acudir nas datas sinaladas poden solicitar cita para recollelas a partir do 1 de decembro no teléfono 881930310.

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS PARA ALUMNADO DE PRIMARIA

Bo día. Acaba de saír publicado no DOG o procedemento de entrega de máscaras para alumnado matriculado en Ed. Primaria.

Informarvos que todas as familias que teñen concedida a axuda para material este curso terán máscaras gratuitas automaticamente.

Para aquelas familias ás que se lles denegou dita axuda ou non a solicitaran, poden pasar polo centro escolar a

recoller as solicitudes, que se entregarán tamén no colexio unha vez cubertas (nun prazo máximo de 10 días dende

a publicación no DOG).

Pódese consultar o DOG no seguinte ENLACE

Moitas grazas e un saúdo. A Dirección.

MENSAXE DA ANPA

Dende a Directiva da ANPA queremos desexar a tódalas familias un bo ano lectivo e animarvos a colaborar activamente a través desta organización. Cantos máis sexamos, máis poderemos facer por mellorar o noso centro escolar.

Durante este curso trataremos de continuar co labor iniciado o anterior, levando a cabo diferentes actividades e, sobre todo, estar aí para axudar ás familias en calquera problema ou dúbida que poida xurdir.

O noso horario de atención é os xoves de 9.00 a 9.45. Este ano trasladámonos ao local da ANPA que está na rúa Cedeira nº 8, para evitar a entrada de pais e nais ao centro. De todos modos, poñémonos á vosa disposición fóra dese horario segundo as vosas necesidades. Podedes seguir a nosas novas a través do Facebook (ANPA Recimil) e comunicarvos connosco mediante o correo electrónico anparecimil@gmail.com.

Por último, lembramos que a cota de socio mantense en 12 € por familia ao ano, podedes facer o pago en efectivo os xoves de 9:10 a 9:45 h no local que está na rúa Cedeira nº 8, ou facer unha transferencia ou ingreso en conta, neste caso achegarase xustificante bancario co nome do socio/a.

 

Esperamos o voso apoio e colaboración.

Powered by Drupal - Design by artinet