O alumnado de 6º de Educación Primaria que desexe cursar 1º da ESO nos IES Sofía Casanova ou Concepción Arenal (centros aos que estamos adscritos) no vindeiro curso 2022/2023, deberá efectuar a reserva de praza entre o 11 de xaneiro e o 8 de febreiro.
Para iso deberán entregar o impreso Anexo I que se lles proporcionará no centro, debidamente cumprimentado, na secretaría do CEIP Recimil dentro do prazo antes indicado.
De precisar un novo impreso poderán descargalo premendo nos seguintes enlaces:
Tamén poderán cubrir a solicitude na aplicación admisiónalumnado dispoñible na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través do menú : Solicitudes- Reserva - Crear solicitude, e presentala no centro educativo ou na Sede Electrónica, así como consultar o estado de tramitación da mesma.