A semana pasada foi a SEMANA DA PRENSA e con este motivo, ademais de traballar coa prensa nos seus diferentes formatos en cada unha das titorías, todo o noso alumnado participou na elaboración dunha "Noticia Loca". Cada unha das titorías elaborou unha das partes da noticia. Aquí vos deixamos o resultado. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!
DLG
DÍA DE ROSALIA DE CASTRO
Para conmemorar o 23 de febreiro, Día de Rosalia de Castro, os nosos alumnos e alumnas recitaron algúns dos poemas da autora. No seguinte video tedes unha mostra do traballo que realizaron.
ROSALIA DE CASTRO
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co Equipo de Biblioteca queremos compartir convosco un xogo interactivo sobre Rosalia de Castro, feito por unhos profes especialmente para celebrar este día. Esperamos que vos guste.
ENTROIDO
O ENTROIDO XA CHEGOU!
Ao longo desta semana celebraremos o entroido. E o Equipo de Dinamización da Lingua Galega elaborou a seguinte presentación para saber un pouco máis sobre o ENTROIDO GALEGO.
RECINOVA DE NADAL
O EDLG desexa que pasedes unhas FELICES FESTAS!!
Galego/a mes de novembro
BOAS!!!!
Aquí está o Equipo de Dinamización da Lingua Galega para lanzar o reto do galego/a do mes de novembro.
XA CHEGOU O SAMAÍN!!
Boas!
Aquí estamos os membros do Equipo de Dinamización da Lingua Galega para dar o noso saúdo e deixarvos o Recinova que creamos para o Samaín. Esperamos que vos guste!
O GALEGO OU GALEGA DO MES
Este curso o Equipo de DLG imos comezar unha nova iniciativa que se chama "O galego ou galega do mes" para fomentar o uso do galego entre o noso alumnado e toda a comunidade educativa. Achegamos un Genially con toda a información sobre esta iniciativa e, por suposto, co primeiro reto do mes do outubro.
O ALUMNADO DE 2º CREAMOS UNHA CURTA DE ANIMACIÓN!
O alumnado de 2º, xunto cun grupo de profesorado, participamos no programa de dinamización lingüística "Nós tamén creamos!".
A nosa profe tróuxonos o conto "RATO TOM E RATA TOMASA" e a continuación:
- Lémolo, dramatizámolo, fixemos debuxos...
- Elaboramos todo o material necesario para poder recrear os personaxes e os escenarios.
- Gravamos as voces correspondentes á narración e aos diálogos.
- Coa axuda dun programa informático démoslle vida aos personaxes e o resultado foi a seguinte curta de animación.
Canto gozamos con este proxecto!
CONMEMORACIÓN LETRAS GALEGAS
Ao longo de varios días estívose conmemorando o Día das Letras Galegas con diversas actividades sobre Florencio Manuel Delgado Gurriagán.
- Genially elaborado polo equipo de DLG. (Enlace ao Recinova nº 52)
- Unidades didácticas.
- Retrato de Florencio Delgado en forma de crebacabezas.
- Exposición do mural das Letras Galegas.
(Premer nas imaxes para velas no seu tamaño orixinal)
![]() |
![]() |
- Exposición no ximnasio de "Galicianas. Mulleres galegas facendo historia". (Ver na galería)
- Dramatización, tamén no ximnasio, do conto "Corre corre, cabaciña" (Eva Mejuto e Andre Letria) por parte do alumnado de 6º, con acompañamento musical do mestre de Música e coa canción do mesmo conto como remate final.