Skip to Content

DLG

ENTROIDO

O ENTROIDO XA CHEGOU!

Ao longo desta semana celebraremos o entroido. E o Equipo de Dinamización da Lingua Galega elaborou a seguinte presentación para saber un pouco máis sobre o ENTROIDO GALEGO.

RECINOVA DE NADAL

O EDLG desexa que pasedes unhas FELICES FESTAS!!

Galego/a mes de novembro

BOAS!!!!

Aquí está o Equipo de Dinamización da Lingua Galega para lanzar o reto do galego/a do mes de novembro.

 

XA CHEGOU O SAMAÍN!!

Boas!

Aquí estamos os membros do Equipo de Dinamización da Lingua Galega para dar o noso saúdo e deixarvos o Recinova que creamos para o Samaín. Esperamos que vos guste!

 

 

O GALEGO OU GALEGA DO MES

 

Este curso o Equipo de DLG imos comezar unha nova iniciativa que se chama "O galego ou galega do mes" para fomentar o uso do galego entre o noso alumnado e toda a comunidade educativa. Achegamos un Genially con toda a información sobre esta iniciativa e, por suposto, co primeiro reto do mes do outubro.

O ALUMNADO DE 2º CREAMOS UNHA CURTA DE ANIMACIÓN!

O alumnado de 2º, xunto cun grupo de profesorado, participamos no programa de dinamización lingüística "Nós tamén creamos!".

A nosa profe tróuxonos o conto "RATO TOM E RATA TOMASA" e a continuación:

  • Lémolo, dramatizámolo, fixemos debuxos...
  • Elaboramos todo o material necesario para poder recrear os personaxes e os escenarios.
  • Gravamos as voces correspondentes á narración e aos diálogos.
  • Coa axuda dun programa informático démoslle vida aos personaxes e o resultado foi a seguinte curta de animación.

Canto gozamos con este proxecto!

 

CONMEMORACIÓN LETRAS GALEGAS

Ao longo de varios días estívose conmemorando o Día das Letras Galegas con diversas actividades sobre Florencio Manuel Delgado Gurriagán.

  • Genially elaborado polo equipo de DLG. (Enlace ao Recinova nº 52)
  • Unidades didácticas.
  • Retrato de Florencio Delgado en forma de crebacabezas.
  • Exposición do mural das Letras Galegas.

(Premer nas imaxes para velas no seu tamaño orixinal)

  • Exposición no ximnasio de "Galicianas. Mulleres galegas facendo historia". (Ver na galería)
  • Dramatización, tamén no ximnasio, do conto "Corre corre, cabaciña" (Eva Mejuto e Andre Letria) por parte do alumnado de 6º, con acompañamento musical do mestre de Música e coa canción do mesmo conto como remate final.

 

LETRAS GALEGAS 2022

Bo día!

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, queremos deixarvos esta nova actividade interactiva con biografía, vídeos e xogos relacionados con Florencio Manuel Delgado, o homenaxeado no día das Letras Galegas 2022.

Esperemos que gocedes da actividade.

Un saúdo

 

 

DÍA DE ROSALÍA NO RECIMIL ... CON MÁIS MÚSICA!

Non che digo nada... Pero ¡vaia!

Así soan un par de fragmentos deste poema de Rosalía de Castro coa música de Fran e con voces dun grupo de alumnos/as.

Pasan naquesta vida
cousiñas tan estrañas,
tan raros feitos vense
neste mundo de trampa;
tantos milagres vellos,
tan novas insinanzas,
e tan revoltos allos
con nome de ensaladas,
que non che digo nada...
Pero ¡vaia!
Mais tantas cousas vexo
que me parecen trampa;
tanto sol entre nubes,
e tan revoltas augas
que asemellarse intentan
a unha fontiña crara,
que por non perder tempo
donde non quito racha,
non che digo nada...
Pero ¡vaia!

E tamén actuación no patio durante o recreo. Vídeos publicados na galería, no álbum "Día de Rosalía 2022". 

RECINOVA Nº 51: BOTEIROS DE VIANA DO BOLO

Distribuir contido


by Dr. Radut