Skip to Content

DLG

RECINOVA Nº 42: LEYMAH ROBERTA GBOWEE

Premer na imaxe para ler o folleto informativo.

RECINOVA SAMAÍN 2019: OS DEMACHIÑOS

CONCURSO DE CONTOS E DEBUXOS DE MEDO - CURSO 2019/2020

LETRAS GALEGAS 2019

No CEIP Recimil xa comezamos coa celebración das Letras Galegas 2019, rendéndolle homenaxe ao escritor Antonio Fraguas Fraguas (Recinova nº 40) e aproveitando a ocasión para que todos os nosos alumnos e alumnas desfruten utilizando a nosa lingua.

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro, puxemos en marcha dúas actividades:

- A creación dun mural conmemorativo coa participación de todos os cursos, que traballaron para crear marabillosas poesías sobre diferentes animais da nosa fauna: os arroaces, a píntega, a bubela, a curuxa... converténdose en grandes poetas e poetisas.

- Por outro lado, durante esta semana facemos un concurso de adiviñas que está tendo gran participación por parte dos nenos e nenas. Cada día un novo enigma os espera na entrada. Quen se fará co premio?

Moita sorte a todos, e que viva a nosa lingua.

Fotos na galería, no álbum "Letras Galegas 19".

RECINOVA Nº 40: ANTÓN FRAGUAS

"RECINOVA” Nº 39: O IRRIO DE CASTRO CALDELAS

Premer na imaxe para abrir o arquivo.

RECINOVA Nº 38: RIGOBERTA MENCHÚ

OS GALECONSELLOS (EDLG)

Os "galeconsellos" son pequenas recomendacións que o Equipo de Dinamización da Lingua Galega poñemos a disposición do alumnado e profesorado do centro, coa finalidade de aconsellar sobre pequenos erros moi comúns na fala e na escrita en galego.

Deste xeito pretendemos fomentar o seu uso e facilitar a súa aprendizaxe e a súa normalización.

O galeconsello do mes de xaneiro avísanos da confusión que existe entre a conxugación do verbo dar e do verbo dicir.

- Din, é a terceira persoa do plural do Presente de Indicativo do verbo "dicir".

- Dei, é a primeira persoa do singular do Pretérito Perfecto de Indicativo do verbo "dar".

Galeconsello febreiro 2019: AS COMIDAS DO DÍA

Galeconsello marzo 2019: 2º persoa plural Pretérito Perfecto Indicativo

Galeconsello abril 2019: Pretérito Perfecto Indicativo verbo andar.

Galeconsello maio 2019: Vai frío / Vai calor.

Galeconsello xuño 2019: Vila / Pobo

RECINOVA Nº 37: AQUELARRES

Distribuir contido


by Dr. Radut