Skip to Content

Actualidade

MODIFICACIÓN NOS PRAZOS DOS CHEQUES DE MATERIAIS E FONDO LIBROS

Por inconvenientes técnicos vémonos na obriga de modificar as datas dos cheques de materiais e fondo libros, quedando do seguinte xeito.

PUBLICACIÓN DAS LISTAS PROVISIONAIS: 8 de xullo no taboleiro do centro

PRAZO DE RECLAMACIÓN ÁS LISTAS PROVISIONAIS: do 9 ao 10 de xullo

PUBLICACIÓN DAS LISTAS DEFINITIVAS: 12 de xullo no taboleiro de centro

RECOLLIDA DOS VALES: do 9 ao 16 de xullo

 

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO DE 10:00 A 13:00 HORAS. 

 

A dirección.

REVISTA ESCOLAR 2023/2024

Xa está dispoñible a nosa revista do curso 2023/2024!
 


AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024_2025

Aberto o prazo para solicitar o fondo solidario de libros de texto  para o alumnado que vaia cursar de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria ou 1º da ESO.

O prazo de solicitude será do do 21 de maio ao 21 de xuño, ambos os dous incluídos.

Podedes presentar a solicitude presencialmente no centro educativo no que estean admitidos os nenos e nenas, ou por vía electrónica a través do formulario ED330B na sede electrónica da xunta: 

Importante: o alumnado de 6º de Educación Primaria terá que presentar a solicitude de fondo solidario no instituto no que estea admitido.

Documentación necesaria:

  • Anexo I (solicitude)
  • Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
  • Copia do libro de familia ou equivalente, onde figure o alumnado e demais membros da unidade familiar.
  • En caso de separación ou divorcio: senteza xudicial ou convenio regulador.
  • Certificado de padrón.
  • Certificado de discapacidade.
  • En caso de violencia de xénero: consultar na secretaría.

      Os documentos serán válidos e eficaces no momento da súa presentación e reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro de 2022.

Para máis información podedes consultar na seguinte ligazón:

FONDO SOLIDARIO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

 

PUBLICACIÓN DAS LISTAS PROVISIONAIS: 8 de xullo no taboleiro do centro

PRAZO DE RECLAMACIÓN ÁS LISTAS PROVISIONAIS: do 9 ao 10 de xullo

PUBLICACIÓN DAS LISTAS DEFINITIVAS: 12 de xullo no taboleiro de centro

RECOLLIDA DOS VALES: do 9 ao 16 de xullo

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AS BECAS DO MEC PARA ALUMNOS NEAE

Dende o 30 de abril ata o 13 de setembro está aberto o prazo para solicitar as becas do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, en relación co alumnado que presente necesidades específicas de apoio educativo.

Para máis información, prema na seguinte ligazón:

CONVOCATORIA BECAS NEAE

A dirección

GALEG@ DO MES DE ABRIL

Ola familias,

dende o Equipo de Dinamización da lingua galega traemos unha nova proposta para o mes de abril. Imos traballar OS BECHOS!

E para iso traémosvos un xogo no que debedes atopar diferentes bechos agochados nas imaxes, mais antes debedes de dicir o seu nome en galego. Seredes quen de identificalos?

https://view.genial.ly/65fc1b84342e7400142d84bf/interactive-content-os-bechos

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

ADMISIÓN ALUMNADO

Todo o alumnado que presentou solicitude de admisión, en prazo,para o vindeiro curso 24-25 foi admitido.

Poden consultar as listas na secretaría do centro en horario habitual.

 

                                                                                      A dirección

FESTIVO LOCAL

Lembrámosvos que mañá, día 19 de marzo, é festivo local e polo tanto o noso centro permanecerá pechado.

Un saúdo.

ENQUISA PARA AS FAMILIAS

En liña co programa PROA+, o noso centro está a elaborar un Plan estratéxico de mellora. Polo tanto, faise necesario a recollida de información por parte de todos os membros da comunidade educativa.

Pedimos a colaboración das nosas familias para cubrir unha pequena enquisa dirixida a elas. O prazo para isto será desde o 15 de marzo ata o 2 de abril. Poden acceder á mesma a traves da seguinte ligazón:

 

ENQUISA FAMILIAS

 

Moitas grazas pola vosa colaboración.

 

A dirección.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024-2025

As familias interesadas en escolarizar aos seus fillos e fillas no noso centro, poden presentar a súa solicitude de admisión dende o 1 de marzo de 2024 ata o 20 de marzo de 2024.

Documentos a presentar:

  • Solicitude de admisión: anexo II cuberto.

              SOLICITUDE DE ADMISIÓN CASTELÁN

              SOLICITUDE DE ADMISIÓN GALEGO

  • Orixinal e copia do libro de familia ou DNI do alumno/-a, ou sentenza de separación no seu caso.
  • Se xa estivo escolarizado: certificado de matrícula.

 

 

Poden presentar a documentación na secretaría do centro en horario de 9:05 a 11:00 e de 12:00 a 13:00 horas de luns a venres.

 

Se as familias dispoñen de Chave 365 ou Certificado Electrónica, e así o consideran, esta solicitude poder ser presentada por sede electrónica na aplicación admisión alumnado a través da seguinte ligazón:

ADMISIÓNALUMNADO

 

Para máis información poden consultar nas seguintes ligazóns web:

Decreto de admisión

Orden de admisión

ADMISIÓN ALUMNADO DE 6º NOS IES

TODO o alumnado de 6º que solicitou praza nos centros IES Sofía Casanova e IES Concepción Arenal está ADMITIDO.

O seguinte paso será formalizar a matrícula no instituto correspondente no mes de xuño en prazo.

 

A dirección.

Distribuir contido


by Dr. Radut