Skip to Content

Actualidade

INFORMACIÓN INICIO DE CURSO

Relación de datas e horario das reunións das familias co profesorado.

Mércores, 6 de setembro:

  • 4º de Educación Infantil (3 anos) 10:00 horas.
  • 5º e 6º de Educación Infantil (4-5 anos) 10:30 horas.
  • 1º de Educación Primaria 11:00 horas.
  • 2º de Educación Primaria 11:30 horas.

 

Xoves, 7 de setembro:

  • 3º de Educación Primaria 10:00 horas.
  • 4º de Educación Primaria 10:45 horas.
  • 5º de Educación Primaria 11:30 horas.
  • 6º de Educación Primaria 12:00 horas.

 

O inicio do curso escolar 2023/2024 terá lugar o luns 11 de setembro en horario habitual: de 9:00 a 14:00 horas.

No caso da etapa de Educación Infantil, as mestras informarán na reunión coas familias sobre os horarios do periodo de adaptación.

 

O equipo directivo.

VALES MATERIAL E LIBROS

Os vales de libros e material escolar que non foron recollidos, poderán recollerse no mes de setembro en horario de oficina.

LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024/2025

CAMBIOS NO MENÚ ESCOLAR

Bo día,
 
Vémonos na obligación de cambiar a froita do postre de hoxe. Temos marcado pera pero o proveedor non ve esta froita en condicións de servirse. Polo tanto hoxe teremos como postre melocotón.
 

Sinto as molestias.

 
Un saúdo,
 
Fdo. Montserrat Fernández
Coordinadora comedores escolares, área Ferrolterra.

INSTRUCCIÓNS FONDOLIBROS. Axudas para a adquisición de libros e material escolar curso 2023-24

 

 

 

 

BENEFICIARIAS

 

Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:

 

a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO). No noso centro non entraría o alumnado de 5º e 6º por traballar na plataforma DIXGAL con libros electrónicos.

 

b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.

 

c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en E.Primaria, ESO e EE.

 

PRESENTACION DAS SOLICITUDES

 

De xeito telemático ou de xeito presencial no propio centro

 

 O alumnado que teña asignado instituto para cursar 1º da ESO o vindeiro curso deberá presentar a solicitude de axuda para libros e/ou material en dito instituto

 

PRAZO DE PRESENTACION DAS SOLICITUDES

 

Iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 DE XUÑO de 2023. 

 

PUBLICACIÓN DAS LISTAS PROVISIONAIS

 

As listas provisionais publicaranse o día  5 de xullo no taboleiro do centro.

 

PRAZO DE RECLAMACIÓN ÁS LISTAS PROVISIONAIS

 

O prazo de reclamación ás listas provisionais será de dous días hábiles a partir da publicación, é dicir, os días 6 e 7 de xullo.

 

 

PUBLICACIÓN DAS LISTAS DEFINITIVAS

 

As listaxes definitivas das axudas de libros de texto, material escolar e do fondo de libros publicaranse no taboleiro de anuncios do centro o día 11 de xullo.

 

 

RECOLLIDA DOS VALES

 

As familias poderán recoller os vales de axudas de libros de texto e material escolar

Dende o 6 ao 13 de xullo de 2023

 

Os libros adxudicados do fondo (3º e 4º Primaria) SERÁN ENTREGADOS AO ALUMNADO ao comezo das clases

 

 

 

 

 

 

 

LETRAS GALEGAS 2023

LETRAS GALEGAS

Como todos/as sabedes, o próximo 17 de maio conmemoramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS e por iso dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos deixarvos esta nova actividade interactiva para que coñezades un pouco máis ao homenaxeado este ano, Francisco Fernández Del Riego.

Esperamos que vos guste.

 

MENÚS MES DE MAIO 2023

MENÚS MES DE MAIO 2023

Día do libro

Con motivo do día do libro  (23 de abril) celebramos o apadriñamento lector entre todos os nenos e nenas do centro, así como a feira do libro no que cada alumno e alumna do centro intercambiou un ticket por un libro de lectura.

 

A continuación deixamos un pequeno vídeo así como fotografías na galería como recordo da actividade.

MENÚS ABRIL 2023

Distribuir contido


by Dr. Radut