Skip to Content

INSTRUCCIÓNS FONDOLIBROS. Axudas para a adquisición de libros e material escolar curso 2023-24

 

 

 

 

BENEFICIARIAS

 

Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:

 

a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO). No noso centro non entraría o alumnado de 5º e 6º por traballar na plataforma DIXGAL con libros electrónicos.

 

b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.

 

c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en E.Primaria, ESO e EE.

 

PRESENTACION DAS SOLICITUDES

 

De xeito telemático ou de xeito presencial no propio centro

 

 O alumnado que teña asignado instituto para cursar 1º da ESO o vindeiro curso deberá presentar a solicitude de axuda para libros e/ou material en dito instituto

 

PRAZO DE PRESENTACION DAS SOLICITUDES

 

Iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 DE XUÑO de 2023. 

 

PUBLICACIÓN DAS LISTAS PROVISIONAIS

 

As listas provisionais publicaranse o día  5 de xullo no taboleiro do centro.

 

PRAZO DE RECLAMACIÓN ÁS LISTAS PROVISIONAIS

 

O prazo de reclamación ás listas provisionais será de dous días hábiles a partir da publicación, é dicir, os días 6 e 7 de xullo.

 

 

PUBLICACIÓN DAS LISTAS DEFINITIVAS

 

As listaxes definitivas das axudas de libros de texto, material escolar e do fondo de libros publicaranse no taboleiro de anuncios do centro o día 11 de xullo.

 

 

RECOLLIDA DOS VALES

 

As familias poderán recoller os vales de axudas de libros de texto e material escolar

Dende o 6 ao 13 de xullo de 2023

 

Os libros adxudicados do fondo (3º e 4º Primaria) SERÁN ENTREGADOS AO ALUMNADO ao comezo das clases

 

 

 

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
Instrucións fondolibros 2023-2024.pdf428.4 KB


page | by Dr. Radut