"Soño con pintar e logo pinto os meus soños" (Vicent Van Gogh)

Actualidade

ADMISIÓN ALUMNADO IES CURSO 23-24

BO DÍA, DENDE A DIRECCIÓN DO CENTRO COMUNICAMOS QUE FORON ADMITIDAS TODAS AS SOLICITUDES DE RESERVA DE PRAZA FEITAS DENDE O CENTRO AOS INSTITUTOS SOFÍA CASANOVA E CONCEPCIÓN ARENAL POLO QUE CANDO ABRA O PRAZO PODERÁN FORMALIZAR A MATRÍCULA. OS SOBRES COA DOCUMENTACIÓN SERÁN ENTREGADOS AO ALUMNADO EN CANTO OS FACILITEN DENDE OS INSTITUTOS, A PARTIR DO 23 DE XUÑO.

DÍA DE ROSALIA DE CASTRO

Para conmemorar o 23 de febreiro, Día de Rosalia de Castro, os nosos alumnos e alumnas recitaron algúns dos poemas da autora. No seguinte video tedes unha mostra do traballo que realizaron.

 

ROSALIA DE CASTRO

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co Equipo de Biblioteca queremos compartir convosco un xogo interactivo sobre Rosalia de Castro, feito por unhos profes especialmente para celebrar este día. Esperamos que vos guste.

 

 

 

 

PASARRÚAS DE ENTROIDO

Bo día, comunicamos que co gallo da festividade do Entroido mañá venres sairemos do cole ás 12:00 polo portalón traseiro facendo un pasarrúas todos disfrazados. Iremos cara ao mercado hacia a praza de Sevilla e de alí á praza de España onde as familias terán a oportunidade de facer todas as fotos que queiran. A volta de vacacións será o xoves día 23. Boa festa!!

ENTROIDO

O ENTROIDO XA CHEGOU!

Ao longo desta semana celebraremos o entroido. E o Equipo de Dinamización da Lingua Galega elaborou a seguinte presentación para saber un pouco máis sobre o ENTROIDO GALEGO.

Día da paz 2023

O día 30 de Xaneiro celebramos o día da paz elaborando un mural conxunto entre todos os alumnos do centro.

Tendes as fotografías de todos os cursos para ter un recordo!

Álbum: Curso 2022 - 23 -> Día da Paz 2023

SOLICITUDE RESERVA DE PLAZA NOS IES SOFÍA CASANOVA E CONCEPCIÓN ARENAL

O alumnado de 6º de Educación Primaria que desexe cursar 1º da ESO nos IES Sofía Casanova ou Concepción Arenal  (centros aos que estamos adscritos) no vindeiro curso 2023/2024, deberá efectuar a reserva de praza entre o 16 de xaneiro e o 6 de febreiro.

Para iso deberán entregar o impreso Anexo I que se lles proporcionará no centro, debidamente cumprimentado, na secretaría do CEIP ÁNGELA RUIZ ROBLES dentro do prazo antes indicado.

 

Powered by Drupal - Design by artinet