Skip to Content

LETRAS GALEGAS 2019

No CEIP Recimil xa comezamos coa celebración das Letras Galegas 2019, rendéndolle homenaxe ao escritor Antonio Fraguas Fraguas (Recinova nº 40) e aproveitando a ocasión para que todos os nosos alumnos e alumnas desfruten utilizando a nosa lingua.

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro, puxemos en marcha dúas actividades:

- A creación dun mural conmemorativo coa participación de todos os cursos, que traballaron para crear marabillosas poesías sobre diferentes animais da nosa fauna: os arroaces, a píntega, a bubela, a curuxa... converténdose en grandes poetas e poetisas.

- Por outro lado, durante esta semana facemos un concurso de adiviñas que está tendo gran participación por parte dos nenos e nenas. Cada día un novo enigma os espera na entrada. Quen se fará co premio?

Moita sorte a todos, e que viva a nosa lingua.

Fotos na galería, no álbum "Letras Galegas 19".



page | by Dr. Radut