Skip to Content

GALEGO DO MES DE OUTUBRO

Ola familias!

Despois destas primeiras semanas de volta ao cole, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega voltamos con novas actividades.

Vendo a boa acollida que tivo “A/o galega/o do mes” no curso pasado, ímoslle dar continuidade a esta proposta. Mais nesta ocasión, ímonos basear no cine, sendo esta a temática xeral do centro para este curso escolar. É por isto que os nenos e as nenas terán o seu particular paseo da fama, onde se colocarán as estrelas do galego ou galega de cada mes.

Para este mes de outubro, traballaremos os materiais do colexio en lingua galega. Adxuntamos dúas propostas: a primeira delas para as/os máis pequenas/os e a segunda para os maiores.

Que comece o reto!



page | by Dr. Radut