Para conmemorar o 23 de febreiro, Día de Rosalia de Castro, os nosos alumnos e alumnas recitaron algúns dos poemas da autora. No seguinte video tedes unha mostra do traballo que realizaron.
Para conmemorar o 23 de febreiro, Día de Rosalia de Castro, os nosos alumnos e alumnas recitaron algúns dos poemas da autora. No seguinte video tedes unha mostra do traballo que realizaron.
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co Equipo de Biblioteca queremos compartir convosco un xogo interactivo sobre Rosalia de Castro, feito por unhos profes especialmente para celebrar este día. Esperamos que vos guste.
Non che digo nada... Pero ¡vaia!
Así soan un par de fragmentos deste poema de Rosalía de Castro coa música de Fran e con voces dun grupo de alumnos/as.
Pasan naquesta vida cousiñas tan estrañas, tan raros feitos vense neste mundo de trampa; tantos milagres vellos, tan novas insinanzas, e tan revoltos allos con nome de ensaladas, que non che digo nada... Pero ¡vaia! |
Mais tantas cousas vexo que me parecen trampa; tanto sol entre nubes, e tan revoltas augas que asemellarse intentan a unha fontiña crara, que por non perder tempo donde non quito racha, non che digo nada... Pero ¡vaia! |
E tamén actuación no patio durante o recreo. Vídeos publicados na galería, no álbum "Día de Rosalía 2022".
O día 23 de febreiro celébrase o día de Rosalía de Castro.
No centro CEIP Recimil tivemos a sorte de que, o luns 21, un grupo musical nos cantara uns poemas de Rosalía e nos contara aspectos da súa vida e como tivo que loitar polo feminismo e polo uso do galego.
O grupo chámase Trío Molime e un dos integrantes é Xoan, un profesor do noso centro.
YLA - AGA, 6ºA
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |