Igualdade
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
O 8 de marzo é o Día Internacional da Muller.
O equipo de Convivencia quere recordar a Ángela Ruiz Robles, mestra, pedagoga, escritora e inventora.
Inventou o libro mecánico, co obxectivo de facilitar a aprendizaxe ao seu alumnado e reducir a carga de libros. Considérase o precursor do libro electrónico.
VÍDEO PARA EI, 1º, 2º E 3º
VÍDEOS PARA 4º, 5º E 6º
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA
O día 11 de febreiro conmemórase o día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.
Para celebralo, o 10 de febreiro recibimos a visita de Pedro Brandariz para falarnos da figura de Ángela Ruiz Robles, máis coñecida como "Doña Angelita", unha muller precursora no seu tempo e que inventou, entre outras cousas, o libro mecánico, antecesor do libro electrónico.
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
Como cada ano, o 3 de decembro vemos nas aulas curtametraxes para concienciar que todos/as somos iguais e ao mesmo tempo somos diferentes. É precisamente na diversidade onde reside a riqueza.
Na seguinte lista de reprodución están os seguintes vídeos:
- Alumnado de E. Infantil, 1º e 2º de EP: "Cuerdas" e "El cazo de Lorenzo".
- Alumnado de 3º e 4º EP: "ONCE: Los colores de las flores" e "Conociendo el mundo con otro sentido".
- Alumnado e 5º e 6º: fragmentos de "Wonder" e "Forest Gump".
DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
O 25 de novembro foi o día contra a violencia de xénero porque hai moitas mulleres que sofren maltrato. Todos os cursos quixemos cantar a canción "La puerta violeta", de Rozalén e tamén fixemos un mural moi chulo que nos representa a todos/as e co que queremos expresar o noso rexeitamento á violencia contra as mulleres.
1. O mural. Premer na imaxe para ver as fotos na galería.
2. A canción. Lista de reprodución con vídeos nos que o alumnado canta ou interpreta con xestos algúns fragmentos.
J.G.R., 6ºB
LA PUERTA VIOLETA EN LENGUA DE SIGNOS - ROZALÉN
Canción que cantaremos o próximo 25 de novembro co gallo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
DIXEMOS NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO
O 25 de novembro, no CEIP Recimil plantamos pensamentos: literal e figuradamente.
Plantamos pensamentos e tamén compartimos os nosos.
Falamos dos nosos pareceres, dalgunhas vivencias, de como nos gustaría que fosen as cousas, etc, e decidimos que para loitar contra a violencia, as inxustizas, a dor, ... debiamos plantar sementes de amor, sementes de paz, de comprensión, de tolerancia, agarimo, respecto...
Este días botamos unha chea de sementes bonitas porque isto é cousa de todos e todas.
Plantamos valores e sentires que imos coidar.
Porque todo o que se coida, medra.
Di NON á violencia de xénero.
Premer na imaxe para acceder ao álbum da galería.
DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O luns, 25 de novembro, celebrouse o Día contra a Violencia de Xénero. No Recimil pegamos unhas follas cunha mensaxe nunha árbore moi fermosa.
Algunhas das frases son:
- Non é non.
- Non ao maltrato ás mulleres.
- A miña vida ten valor, o meu corpo non ten prezo.
- Se doe, non é amor.
- No amor non todo vale.
- Non lle digas que a queres e despois a maltrates.
- Trátaa ben como che gusta que te traten a ti.
Valeu a pena. Aprendemos a non usar a violencia.
E lembrade: sempre hai que respectar aos demais. Seyni, Antón e Héctor (5°A)
SOÑO CON SER COMO ...
Un paquete chegou á aula de 4º A ...
Unha caixa con obxectos...
Cada obxecto está relacionado coa profesión dunha "muller con historia"...
Elaboración das biografías destas mulleres...
Sorpresa final: As pequenas biografías realizadas expóñense nun "atrapasoños"!
Enlace ao álbum da galería: Atrapasoños 4ºA
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »