Mural de dereitos e deberes no que participou todo o alumnado do cole, co gallo do Día Universal da Infancia, que se celebra o 20 de novembro.
Día da Infancia
DÍA UNIVERSAL DO NENO
O 20 de novembro foi o Día do Neno.
No CEIP Recimil celebrámolo creando un conto colaborativo sobre os dereitos dos nenos/as e no que participamos os cursos de Educación Primaria: 1º, 2º, 3º, 4º, 5º, 6º.
En cada clase decidimos unha páxina do conto.
Podedes velo no seguinte vídeo.
Jimena e Sofía, 5ºB
DÍA DA INFANCIA - 2019
Conmemoramos este día no centro cun tendal de roupa con dereitos e deberes que se deixou exposto na entrada principal.
Máis imaxes no álbum da galería: Día Infancia 2019
CONMEMORACIÓN DO DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA 2017
Con papeis adhesivos de cores, nos que o alumnado escribiu palabras ou frases alusivas aos dereitos dos nenos e nenas, elaboramos un mural que colocamos nun dos corredores que van ao patio.
Fotos publicadas na galería, na categoría Actividades Complementarias, no álbum Día Infancia. Tamén se pode acceder premendo na imaxe anterior.
DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA (2016)
O día 20 de novembro conmemoramos un ano máis no noso colexio o “Día Universal da Infancia”.
Este día foi establecido polas Nacións Unidas para recordar que todos os nenos e nenas do mundo temos os mesmos dereitos sen importar o lugar onde nacemos, a cor da nosa pel, o noso sexo nin tampouco as nosas condicións económicas. Todos temos dereito a unha vida saudable, a unha educación de calidade e a estar protexidos contra todo tipo de abuso e violencia.
Ademais de Dereitos temos tamén uns Deberes que son as normas que regulan a nosa convivencia na sociedade e que debemos cumprir para que todas as persoas poidamos vivir ben.
DÍA DA INFANCIA - 2015
Ademais da visita de Fredo Fox co seu obradoiro para o alumnado de 1º e 2º, ao longo desta semana estivemos falando nas aulas sobre os dereitos dos nenos e nenas e ensaiando a canción coa que conmemoramos o venres o DÍA DA INFANCIA.
Se vos fixades nas fotos publicadas na galería (ás que podedes acceder premendo na imaxe) veredes a cariña coa que quixemos representar este día.
VISITA DE FREDO FOX
Enlace á noticia publicada na web da Televisión de Galicia:
O alumnado de 1º e 2º de EP participou neste obradoiro solidario promovido por UNICEF e a TVG na semana da infancia.
FREDO FOX envía unha carta para o alumnado (premer na imaxe para lela). Nela, o simpático raposo agradece a participación de todos estes nenos e nenas e lémbralles a necesidade de axudar para, entre todos, construír un mundo mellor.
Día do Neno
Aínda que cada país celebra este día en días diferentes. oficialmente o Día do Neno é o 1 de xuño.
O cole quixo unirse este ano a esta conmemoración o e coa colaboración do Concello acudimos todos, o xoves 6 de xuño, á Praza de Armas onde se realizaron as seguintes actividades:
|
![]() |
Enlace á noticia no Diario de Ferrol do 7 de xuño. Enlace á noticia en TV Ferrol. (A partir do minuto 9, aprox.) |