Skip to Content

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA (2016)

O día 20 de novembro conmemoramos un ano máis no noso colexio o “Día Universal da Infancia”.

Este día foi establecido polas Nacións Unidas para recordar que todos os nenos e nenas do mundo temos os mesmos dereitos sen importar o lugar onde nacemos, a cor da nosa pel, o noso sexo nin tampouco as nosas condicións económicas. Todos temos dereito a unha vida saudable, a unha educación de calidade e a estar protexidos contra todo tipo de abuso e violencia.

 Ademais de Dereitos temos tamén uns Deberes que son as normas que regulan a nosa convivencia na sociedade e que debemos cumprir para que todas as persoas poidamos vivir ben.