Skip to Content

Magosto-Samaín

O NOSO SAMAÍN ... EN IMAXES (29 DE OUTUBRO DE 2021)

CHEGOU O SAMAÍN!!!

Boas!

Aquí estámos os membros do Equipo de Dinamización da Lingua Galega para dar o noso saúdo e deixarvos o Recinova que creamos para o Samaín. Esperamos que vos guste!

SAMAÍN 2021

  • Lectura de contos de medo.
  • Pasaxe do terror.
  • Concurso e exposición de cabazas. (Decoraranse nas aulas pero o alumnado tamén as pode traer decoradas da casa para a exposición).
  • Alumnado disfrazado o venres 29 de outubro.

E ASÍ PASAMOS O SAMAÍN!!

Bo día familias!

Queremos deixar constancia do que puidemos facer este ano para celebrar o Samaín.

O primeiro que nos atopamos en canto chegamos ao cole foi a decoración da fachada! Estaba monstruosamente perfecta! Encargouse a ANPA, foron tan considerados que tamén nos deixaron unha sorpresiña polo interior do cole...

 

 

 

En 2º EP  tamén deixaron "de medo" a aula. Ver vídeo.

O Equipo da Biblioteca, co que colaborou o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, organizou unha actividade libre de COVID! Consistía en que os grupos a partir de 4º de educación primaria prepararon uns videocontos para os máis pequenos do cole. Pasárono pipa tanto uns facéndoo coma os peques véndoos! A continuación podedes velos e gozar con eles.

 

 

Por último deixámosvos o Recinova de Samaín. Este ano o Equipo de Dinamización da Lingua Galega quíxose adaptar aos novos tempos e á situación na que vivimos, polo que despois de moito pensar decidiron cambiarlle o formato. Esperamos que vos guste!

P.D.: Non vos esquezades de que aínda queda a resolución do concurso de cabazas!

SEMANA MONSTRUOSA

Premer na imaxe para acceder a toda a información publicada no blog de Zongalo Quirico.

CONCURSO DE CABAZAS

 Dende o equipo de actividades complementarias e extraescolares queremos invitarvos a participar no concurso de cabazas que se levará a cabo entre o 26 de outubro e o 1 de novembro. Tedes que crear a vosa cabaza na casa, tentade ser o máis creativos posible. Unha vez feita, enviade unha foto vosa con ela ao seguinte enderezo electrónico: eacerecimil@gmail.com indicando nome e curso.

 

Animádevos a participar! Haberá premio para os gañadores!

CELEBRAMOS O SAMAÍN

Nestas semanas celebramos o Samaín.

Fixemos concursos de cabazas e de contos de medo... Quedaron moi chulos.

O luns 4 de novembro pasamos un momento moi divertido e levamos algún susto. Visitamos a sala do medo!!!! UUUUHHHHHHHHHH!!!!

 

Héctor e Adahy, 5ºB

RECINOVA SAMAÍN 2019: OS DEMACHIÑOS

O MAGOSTO

 

O xoves 24 de outubro foi o MagostoCelebrámolo no pavillón. Os de 6º repartiron as castañas.

Estaban boísimas!!!!

Despois das castañas saímos ao patio.

Pasámolo  ♥ XENIAL ♥

 

Estas son imaxes do Magosto:

 Alicia (6ºA), Seyni e Lía (5ºA)

CONTO DE MEDO NA BIBLIO

O mércores 31 de outubro o alumnado de 4 anos e o de 2º A, xuntáronse na biblioteca do cole para participar nun conto de medo.

Houbo agasallos e "chuches" para tod@s.

Trememos de medo!

 

Premer na foto para ver en tamaño orixinal.

 

 

Distribuir contido