Skip to Content

Taboleiro de anuncios

FELICES FESTAS!

Rematado o primeiro trimestre, chegamos ás vacacións de Nadal e todo o equipo docente e non docente do CEIP Raquel Camacho deséxalles unhas felices vacacións e festas de Nadal. Agora toca descansar, gozar coa familia e amigos e coller forzas para empezar o 2022, sempre con sentidiño e coidándose moito. Vémonos de novo o luns, 10 de xaneiro

DÍA NON LECTIVO

Informamos que o día 7 de decembro foi concedido pola Xefatura Territorial como día non lectivo. Vémonos de novo o xoves día 9 de decembro.

LISTAS DEFINITIVAS DE ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS DA DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

Con data de hoxe, saíron publicadas as listaxes definitivas de admitidos/as e excluídos/as na distribución de máscaras e xa se poden consultar no taboleiro do centro.

LISTAS PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS DA DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

Xa están pubicadas as listas provisionais de admitidos e excluídos da distribución de máscaras. Poderán consultalas no taboleiro do centro en horario de secretaría (9:30 a 13:30).

As persoas afectadas poderán formular reclamación ante o centro docente nos dous días hábiles seguintes ao da súa publicación.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut