Skip to Content

SAÍDA AOS BOMBEIROS/AS

Álbum: Educación Primaria 2018-2019 -> Saída aos bombeiros

Onte fomos aos bombeiros. Foi moi guai! As profes apagaron lume, rescatamos persoas, puxémonos traxes e o que máis me gustou foi cando nos metemos nunha casa chea de fume de mentira. Non viamos nada, só viamos vermello e azul. Tamén vimos un vídeo para evacuar o cole en caso de incendio. Tamén puidemos ver como quedaba un coche despois dun accidente. Ensináronnos cantos quilos cargaba un bombeiro/a nun rescate. Cando rescatamos uns maniquís de morreren afogados, tivemos que presionarlle o peito ao ritmo da Macarena.

Texto de Uxía S.P. (6ºB).



album | by Dr. Radut