Skip to Content

ORLAS 2017-2018

INFORMACIÓN DE FIN DE CURSO

Ante o fin de curso 2017-2018, infórmase os pais e nais do alumnado deste Centro das seguintes cuestións:

1. Asistencia do alumnado e entrega de cualificacións

O alumnado permaneceu no colexio ata o día 21, inclusive, en horario habitual de 09'00 a 14'00 horas. Os informes ás familias coas cualificacións finais son entregadas o día 21 de xuño, ao final da sesión lectiva.

2. Entrevistas de pais/nais co profesorado

Os/as pais/nais que desexen ter unha entrevista de final de curso co profesorado do Centro, poderán facelo o día  22 de xuño  de 10'00 a 12'00 horas. Despois de dito día, só se recibirán visitas que estean plenamente xustificadas e con previa petición de hora.

De acordo coa Orde do 09 de xuño de 2016, artigo 14 punto 3,   pola que se regula a avaliación na educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, as nais e pais do alumnado de 6º curso deberán acudir ao Centro, o día 28 de xuño en horario de 10:00 a 13:00 horas, para retirar o Historial Académico dos seus fillos/as, asinando o recibín correspondente. Caso de non poder asistir nese día, poderán retirar ditos documentos ata o día 30 de xuño na Conserxería do Centro.

3. Libros de texto

O listado de libros de texto para o curso escolar 2018-2019 está exposto no taboleiro de anuncios do Colexio e na páxina web. A listaxe dos libros  de 5º e 6º nivel non constará por formar parte do Proxecto E-DIXGAL (continuidade do libro dixital en 5º e 6º). 

3.1. Fondo solidario de libros de texto

Publicación de listaxes provisionais: día 02 de xullo

Reclamación ás listaxes provisionais: días 03 e 04 de xullo

Publicación de listaxes definitivas : día 06 de xullo

Entrega de vales para a adquisición de libros de texto e material: do 1 ao 6 de xullo. Os vales que queden sen entregar poderán recollerse a partires do día 1 de setembro na secretaría do Centro en horario de 09 a 14 horas.

As familias do alumnado beneficiario do fondo solidario de libros de texto poderán pasar a recollelos o venres, día 7 de setembro, en horario de 10:00 a 13:00.

As familias do alumnado de 1º e 2º de educación Primaria poden traer os libros dos seus fillos ao Colexio o venres, día 7 de setembro, en horario de 10:00 a 13:00. Os libros e material deben vir debidamente identificados e metidos dentro dunha bolsa cerrada co nome do alumno/a por fóra.

4. Comedor Escolar e Programa de Madrugadores

No próximo curso seguirán a funcionar os servizos de Comedor Escolar e o Programa Madrugadores, ámbolos dous ao cargo da ANPA e cun réxime organizativo similar ao que están a ter na actualidade. Para coñecer os prazos de solicitudes deberán dirixirse a ANPA.

Tfno. 603856020 

Correo electrónico: anpa.ceipraquelcamacho@hotmail.com

5. Comezo do próximo curso escolar

Prevese, segundo consta no Calendario Escolar para o curso 2018/2019, que nos centros docentes sostidos con fondos públicos, as clases darán comezo o día 12 do vindeiro mes de setembro, en horario de 9'00 a 14 horas. O Colexio estará aberto a efectos administrativos a partir do día 1 de dito mes.

O alumnado de educación infantil de tres anos incorporarase segundo o período de adaptación a especificar na primeira semana de setembro en reunión a convocar para o mércores, día 5 do citado mes, ás 12:00 horas e  será exposto no taboleiro de anuncios do Centro.

O alumnado de educación infantil de 5º e 6º (4 e 5 anos) entrará o 1º día ás 9:30 horas.

Os membros do Claustro de Profesorado e Consello Escolar aproveitan este final de curso para agradecer ás familias a colaboración no desenvolvemento do curso escolar 2017-2018 e despiden especialmente ao alumnado de 6º curso que promociona cara o Instituto no vindeiro curso.

A Coruña, 20 de xuño de 2018.

A direccion do centro.

FESTIVAL DE FIN DE CURSO 2018

Álbum: CURSO 2017-2018 -> Festival de fin de curso 2018

O curso está no tempo de desconto xa e nós, antes de irnos, quixemos despedilo con ledicia. Dous ingredientes imprescidibles para estar alegres son a música e o humor. Das dúas cousas houbo no noso festival. Como vedes na foto, os nenos e nenas de 6º interpretaron unha escachante obra de teatro con anacos de musical de Broadway. O resto de clases bailaron, cantaron, rapearon e gozaron no escenario do Ágora co tema central deste curso titulado A Coruña: unha cidade en feminino. O primeiro día actuaron perante un publico moi exixente: elas e eles mesmos. O venres, o espectáculo foi perante as familias.

O evento concitou tal expectación que mesmo saímos no xornal.

E o programa de Radiovoz, Voces de A Coruña, fíxose eco dunha das actuacións estelares da mañá: a do alumnado de 6º de EI.

EXCURSIÓN Á PRAIA DE BASTIAGUEIRO

Álbum: Educación Infantil 2017-2018 -> Excursión á praia de Bastiagueiro

Así foi a excursión de fin de curso na praia! Un día cheo de experiencias!

Neste verán seguro que iremos moitas veces á praia, pero ir cos compañeiros e compañeiras sempre é un momento moi especial.

A xornada comezou con diversos xogos populares organizados en pequenos grupos, seguido dunha rica e merecida merenda e, finalmente, xogamos un pouco coas cunchas, paus e a area.

Un día xenial Canso

Distribuir contido


by Dr. Radut