Skip to Content

OS MENORES NA REDE (20/11/2019)

 

Dende a Anpa do Ceip Emilia Pardo Bazán invítannos esta charla moi interesante e gratuíta. Teñen servicios de canguros gratuíto. Animádevos!

Datos da sesión

20/11/2019 18:00-20:00 no SUM (Salón de Usos Múltiples) do CEIP Emilia Pardo Bazán.


Relatores

Santiago Reboyras Martínez

Inspector do Corpo Nacional de Policía. Xefe do Grupo de Delincuencia Económica e Tecnolóxica, Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal da Brigada Provincial Policía Xudicial da Coruña. Diplomado en Ciencias Policiais, Universidade de Salamanca (2001), Máster en  ciberdelincuencia,  Univerisad  Nebrija (2017). Ao longo da súa carreira profesional foi responsable de distintos grupos de investigación nos que desempeñou o cargo de Xefe de Grupo Operativo, nas áreas de Policía Xudicial e de Estranxeiría e Fronteiras. Dedicado á investigación dos delitos tecnolóxicos desde o ano 2005. O seu labor actual é a de dirixir, coordinar e impulsar a investigación dos delitos cometidos a través de internet e daqueles relacionados coa delincuencia económica, coordinando as investigacións máis complexas a nivel provincial. Entre os tipos delituosos investigados atópanse: a pornografía infantil, estafas na rede, redes sociais,  ciberbullying,  stalking,  sexting,  pharming,  phishing, falsidades documentais, así como ataques de denegación de servizo, branqueo de capitais, descubrimento e revelación de segredos ou danos informáticos. Colabora habitualmente co Plan Director para a mellora da convivencia e seguridade escolar do Ministerio do Interior e igualmente colaborou como relator con diversas institucións como son as Universidades da Coruña, de Santiago de Compostela, a UNED/UNED, a Deputación provincial da Coruña, Cruz Vermella, etc. Formou parte de misións internacionais relacionadas coa formación de Oficiais de Policía dedicados á investigación de delitos tecnolóxicos da Policía croata en Zagreb (Croacia). 

Contidos

Vivimos nunha sociedade globalizada e que evoluciona de forma tan vertixinosa, que cada vez máis nais, pais e educadores sentimos inseguros á hora de afrontar os novos desafíos que supón educar a día de hoxe aos nosos fillos e fillas. O uso do móbil, Internet, as redes sociais, os videoxogos, o ciberacoso, o sexting ou as novas formas de pederastia na Rede (grooming), supoñen un escenario verdadeiramente incerto e complicado que fai que ás veces non sexamos conscientes de determinados riscos ou, simplemente, que non saibamos ben como responder ante determinadas situacións. A miúdo preguntámonos que teñen na cabeza os nosos fillos adolescentes cando incorren en diferentes prácticas de risco na Rede, pero non menos importante é preguntarnos en que están a fallar familias, Administración e institucións.

Inscricións

Todas as sesións son gratuítas para socios/as do ANPA Milnenos e doutras Anpas da cidade. Tamén serán gratuítas para a  EIM Os Rosales.
Dispoñemos de servizo de canguros gratuíto para nenos/as de 4º de EI en diante. 

Socios doutras Anpas da cidade e EIM Os Rosales

Pre-inscrición por correo electrónico a milnenos@gmail.com indicando número de asistentes, nomes e apelidos e se se fará uso do servizo de canguros.



page | by Dr. Radut