Skip to Content

TEMOS VERMES NA CLASE!

Álbum: Educación Infantil 2020-2021 -> Vermes na clase

Aproveitando que en 3 anos, estamos traballando o conto "A eiruguiña comellona", chegaron á nosa clase, uns vermiños. Como aínda son moi pequenos, usamos lupas para poder velos con maior precisión. 

Temos a gran sorte de que no noso cole, contamos cunha moreira, polo que subimos a buscarlle comida para os nosos novos amigos. 

Estamos tod@s moi atent@s observando os cambios que neles se producen. En que se convertirán? Nunhas semanas o descubriremos!



album | by Dr. Radut