QUE RICO ESTÁ O OUTONO
Nas clases de 3 anos estivemos aprendendo un montón de cousas sobre outono, entre elas os froitos carnosos e secos. Non hai mellor forma de aprendelos que xogando con eles e comendo!
Por iso estivemos esta semana facendo series con cacahuetes, améndoas, abelás, noces, comendo castañas, granadas, chirimoias, caqui...Un montón de froitos e froitas novas que nos encheron de novos sabores e experiencias.
Quedounos claro: Que rico o outono!