EDUCA SAÚDE
Educa Saúde consiste nun programa de prevención e formación, impulsado polo Concello, que aborda a saúde dunha forma integral, creando e ensinando hábitos de vida saudables desde a infancia. Desenvólvese en tres ámbitos fundamentais:
- físico,
- psicolóxico
- e relacional.
O programa inclúe tamén as familias como axente determinante na transmisión destas condutas.
Aquí deixamos unhas imaxes da actividade en 6ºB de E. Primaria.